PAGAMENTO A ALONSO DE CARVAJAL OS SALARIOS POLA TENZA DA FORTALEZA DE SÁRRIA ( 1510 )
O rei Fernando o Católico ordea que se lle paguen ao Capitán Alonso de Carvajal os salarios que lle correspondían pola tenza das fortalezas de Sárria, Monforte de Lemos, Andrade e Vilalba que estiveran baixo da súa custodia por orde real ( 1510, xaneiro 19, Valladolid)
O rei.
Por canto por nós Alonso de Carvajal, mestresala e capitán noso, recibiches polo noso mandado, o pasado ano de quiñentos e nove anos, as fortalezas de Sárria e Monforte de Lemos, que son do Conde de Lemos ; e as de Andrade e Vilalba, que son do Conde don Fernando de Andrade; e despois de telas por certo tempo no voso poder entregachelas polo noso mandado a certas persoas ; e porque non vos foi pago o salario que por razón das ditas tenzas houvistes de haber, dende o dito tempo no que recibiches as ditas fortalezas até que as entregaches , como ditó é miña mercé e vontade é que vos sexa pago o dito salario a razón do que está ordeado e mandado que se pague polas ditas tenzas das rensdas da Sereísima Raiña Princesa , a miña mi cara e amada filla, e das dos ditos condes , segundo máis longamente se contén nas provisións patentes da Sereísima Raiña filla miña que acerca diso foron dadas.
Por ende pola presente mando aos contadores maiores que vos libren a vóso dito Carvajal a rata das ditas tenzas que por razón das ditas folganzas houbistes de haber polo dito tempo que así as tiveches, ao respecto que despois polas ditas provisións se mandou que tivesen de tenzas pagas a medias das ditas rendas reais e das dos ditos condes ; e que para a recadación da metade das ditas tenzas do dito tempo que nelo montan , vos dean as cartas de libramento e outras provisións que mester fosen<
E outrosí mando aos ditos condes , e calquera deles que cada un deles vos dea por rata o que houbistes de haber pola tenza das ditas fortalezas súas , do dito tempo, e como dito é, a razón do que polas ditas provisións patentes está mandado que se dea por cada unha delas. E así facer e cumprir non quixesen, e escusa e dilación nelo puxeren , pola presente douvos a vós o dito Carvajal poder e facultade para que en caso tal poidades cobrar dos ditos condes e de cada un deles a dita rata porque a cada un deles cábelles pagar polas ditas fortalezas súas , segundo e pola mesma forma e maneira que nas ditas provisións se contén.
Dado en Valladolid , a XIX días do mes de xaneiro do Mil D X anos.
Eu o Rei. Por mandado da Súa Alteza, Miguel Perez de Almacán.
( Arquivo Xeral de Simanca , Cámara, Lib 21 , fol. 102 r )
Versionado en galego por XAFA
Comentarios
Publicar un comentario