A INAUGURACIÓN DAS ESCOLAS PÚBLICAS DE SÁRRIA ( 2.09.1896)
Ate o curso 189571896 a Escola de Nenos de Sárria estaba na traseira da Casa Consistorial ( antigo Hospital de Santo Antón Abade ) nunha casa que fora alzada no remate do século XVIII por conta da Obra Pía , xunto coa casa do mestre, e a Escola de Nenas estaba nunha casa particular na Rúa Maior.
O industrial chocolateiro e politico sarriao don Matías López López, que nos seus anos de neno asistiu ás clases que se daban na vella Cátedra de Gramática -Escola de Primeiras Letras deixou á súa morte unha considerable cantidade de diñeiro destinada á construción dun edificio que dese servizo á Vila e aos barrios novos da parte baixa coa denominación de ESCUELAS PÚBLICAS , e no que se fixeron vivendas para o mestre e para a mestra.
O xornal ECO DE GALICIA ( Lugo, 3.09.1896 ) adicou unha ampla reportaxe á inauguración :
EN SÁRRIA.- INAUGURACIÓN DAS ESCOLAS
O día de onte formará época na vila de Sárria.
O acto de inauguración na presenza do Pro-Nuncio da Súa Santidade M. Cretoni, do Ilmo Sr Bispo de Lugo,Gobernador civil e militar da provincia, Alcalde, prensa lucense e persoas distinguidas que ao efecto foron invitadas, revestiu unha grandiosidade e magnificenza inusitadas, que deixarán recordo imperecedeiro nos corazóns que saben sentiren e nas intelixenzas acostumadas a medir a grandeza das cousas.
A inauguración dunha escola en calquer pobo é sempre un acontecemento grandioso, por humilde que o edificio sexa e por modesto que sexa o acto; mais esta grandeza sobe de punto cando se harmonizan ecompletana magnificenza da casa destinada á instrución dos nenos e a pompa coa que se celebra a inesquecible data da inauguración, pompa e grandeza que en todo o seu esplendor poidemos admirar onte na vila de Sárria.
En tren especial e previamente convidado pola Xunta de Instrución e a excelentísima Sra Marquesa de Casa-López sairon con direción á dita vila as autoridades mencionadas e outras persoas cuxos nomes consinuaremos máis adiante, sendo recibidos na estación de destino polos Sres Cendra e Oñate coa amabilidade e distinción que os caracteriza e polo mesmo alcalde de Sárria.
A chegada da comitiva lucense foi saudada cos acordes da marcha de Cádiz tocada pola banda popular e de El Tambor de Granaderos , executada pola de Luzón.
En coches ao efecto dispostos subiron os convidados á casa da Sra Marquesa de Casa-López de onde despois dos saúdos acostumados en estes casos, partiron cara a igrexa darredor da que había un xentío numerosísimo, como non se ve nas mais solemne festas da comarca.
Ás dez da mañá saiu da casa parroquial a procisión, coa asistenza do Pro-Nuncio, Sr. Bispo de Lugo, Abade do convento de Samos, autoridades de Sárria e Lugo, todos os convidados e un concurso innumerable , cara o edificio das Escolas, que foi abenzoado por M. Cretoni.
A este acto tan solemne , asistiron tamén os testamentarios do ilustre e inesquecible finado señor D, Matías López.
No acto de saír a procisión da Casa-Escola, o fotógrafo Sr Aveillón trasladou á placa a vista do fermoso conxunto que a comitiva ofrecía naquel momento.
Tan axiña como volveu a comitiva á igrexa , foi cantada unha unha solemne misa con orquestra ,dirixida polo mestre Montes , resaltando a boa afinación e o bon gosto da obra.
O noso conveciño, o orador sagrado Sr, Fernández Somoza , pronunciou un fermoso e sentido sermón ensalzando a alteza de sentimentos e caridade do ilustre finado e a súa familia, continuadores das obras benéficas do Sr. D. Matías López.
O sermón foi moi eloxiado, e con razón, porque o Sr, Somoza tivo fermosas frases e moi elocuntes párrafos , que causaron profunda pegada nos corazóns do numeroso e selecto auditorio.
Rematada a misa , os convidados sairon en coches dispostos para eles , ao edificio das escolas , onde, despois da unha , comezou o xantar, cuxa ementa foi a seguinte;
Consomé á Rexente.-Relevés -Salmón á Cardinali.-Tapas de tenreira prelaciais.- Entradas: Foie Gras Bela Vista, Chan froix de Gabir.Roti. Poulardes á Brochet.- Galantinas á Gelée.- Xamóns Magister,,.-Entremeses : Chícharos á francesa.- Briosa de Viena,. Xeados, sobremesas variadas. Viños e licores. Champagne e café.
Os convidados estaban colocados da seguinte maneira:
A mesa tiña dúas presidenzas , unha a do Señor Nuncio e outra a do Señor Gobernador, Á dereita do primeiro estaban a Señora Marquesa de Casa-López , o Sr Bispo de Lugo, o Senador Sr. Darriba e señora de D. Matías Vázquez ; á esquerda Dª Asunción López, Sr. Gobernador militar, Sra de don Venancio Vázquez e o Senador D. Vicenzo Quiroga; á dereita do segundo; Dª Rosa López, Alcalde de Lugo, Vicepresidente da Deputación, Srtª de Fernández, Sr Cendra, neto do Sr López; á esquerda: Dª Carme López , Alcalde de Sárria, Inspector de Escolas e Saco Pradeda e o deputado Sr. González.
Seguían en distintos postos os mestres de primeiro ensino da vila, os demais individuos da familia do S López , o sacerdote Sr Somoza , D. VenancioVázquez , os Sres Bellido, Neira Solance, Varela Toiriz, Rodríguez Guerra, Macía, Secretario do Concello, Abade de Samos, Comendador de Mercedarios, Cura Párraco, P. Hoyos, Justo Macía, González Álvarez, capitán axudante de Luzón ,músico maior, D Francisco Fernández , secretario do Pro-Nuncio, familiar do Sr. Bispo e outras varias persoas que sentimos moito non recordar , e en representación da prensa de Madrid o distinguido redactor de El Heraldo de Madrid Sr Reyes Moreno, e da lucense Aureliano J. Pereira,Emilio Tapia e Víctor Castro.
Non houbo brinde.
Escusamos dicir que, tratándose da proverbial magnificiencia da distinguida familia do ilustre finado , todo no banquete resultou grandioso ; mais non deixamos de consinuar un detalle que, polo novo e delicado merece ser consinuado : Cada convidado tiña riba da mesa , a carón da lista da ementa , unha medalla co retrato do Excmo Sr D Matías López , e esta inscrición ; " 2 de septiembre de 1896 , Inauguración de las escuelas de Sarria",
Ás seis da tarde fíxose a entrega oficial do edificio.
A este acto asistiu unha numerosa concorrenza e foi presidido por Monseñor Cretoni, que tiña á súa dereita ao Sr Bispo de Lugo e á súa esquerda ao Sr Gobernador da provincia.
Antes da entrega, o alcalde de Sárria, Sr González Cabarcos, pronunciou un sentido e elocuente discurso, manifestando a gratitude profunda do pobo de Sárriae enaltecendo en fermosa frase a boa obra concebida polo Eccmo Sr D Matías López, felizmente realizada.
O inspector de Instrución primaria pronunciou tamén un breve discurso encamiñado a demostrar a convenencia de que sexa católico o ensino que se dea nas novas escolas.
A Sra Dª Carme López, visiblemente conmovida polo triste recordo do seu amantísimo pai, leu unha sentida carta da Sra Marquesa de Casa-López na que prometía erixir en breve un hospital para os pobres de Sárria.
A lectura de tan fermosa carta na que como en limpo espello, se reflectían os nobilísimos sentimentos da Sra Marquesa , foi saudado con hurras, vivas e estrondosos aplausos.
Este xesto de caridade, despois de ter distribuído onte entre os pobres de Sárria 2.000 pesetas , é a máis brillante executoria da nobleza humana.
O Excmo Pro-Nuncio pronunciou tamén breves palabras enaltecendo coa sentida elocuencia do corazón as obras caritativas do inesquecible finado, da Marquesa que segue o vieiro trazado por este e de toda a familia do Sr López, dando por rematado o acto coa súa benzón, que foi recibida de xeonllos pola concorranza.
Neste momento, e pesie ás reiteradas instanzas para para que quedasemos en Sárria, vímonos obrigados por ocupacións ineludibles a voltar a Lugo.
Por este motivo, e por falla de espazo e tempo, deixaremos ate mañá outros detalles e prouraremos describir o edificio , dirixido polo Sr Bellido, e tributarmos desde as nosas modetas columnas un recordo á memoria do caritativo patricio Excmo Sr D. Matías López..
NOTA: Hai que destacar a presenza nestes actos do mestre Xoán Montes, eximio músico lucense.
Comentarios
Publicar un comentario