O COMERZO DE SÁRRIA ( 1906 )
O COMERZO DE SÁRRIA EN 1906
Cincuenta e tres anos despois da chegada ao Arrabaldo de Sárria da estrada de Lugo a Valdeorras , vinte e seis despois da chegada do primeiro tren a Sárria pola liña da Coruña e vinte e catro pasados dende a comunicación direta con Madrid por ferrocarril a vila de Sárria estaba formada por tres agrupacións poboacionias: A Vila-Arrabaldo-Pedreira-Rúa do Porvie ; San Lázaro-Estación-Estrada do Mazadoiro ; Ponte Ribeira-Ponte Vella.
Había estradas abertas ata Samos e O Incio, Corvelle e Mouzós e un bon número de establecementos comerciais, a maioría propiedade de persoas chegadaa doutras localidades , ofrecían os máis variados produtos e servizos. Sárria, cabeceira dun amplo Partido Xudicial pasou a ser un activo centro comercial, e contaba con algunha pequena industria , que atraen a persoas procedentes dos sete concellos comarcanos e mesmo inflúe sobre A Montaña.
Esta é a relación dos almacéns, tendas e oficios máis destacados , que inician a andadura da publicidade, constituíndo un comerzo activo establecido nunha vila que en 50 anos vira triplicada a súa poboación, e foi isolando cada vez máis á vella fidalguía e rendistasb na Vila histórica do outeiro castrexo, diante do pulo da Sárria Nova alzada darredor das estradas de Lugo a Quiroga. do Mazadoiro a Lamarrigueira. de Sárria a Corvelle e de Sárria a Mouzós de Meixente
PUBLICIDADE COMERCIAL EN 1906.
JOSÉ ANTONIO GAYOSO: Corresponsal do Banco de España-GRANDE ALMACÉN: Ultramarinos, Ferretaría.- Quincallaría- Tecidos.- Viños.- Augardente e Licores de todas clas.- Sal.- Gra.-Fariña.- Ferros.- Vidros.- Pinturas.- Camas e Xergóns metálicos.- Especialidade en sombreiros e panos para cabaleiros.- Últimos modelos en adornos e xéneros para señoras.- Variado surtido en calzado.- Sucursal e Depósito das célebres máquinas para coser Singer.- Expendeduría oficial de explosivos e abonos químicos e minerais.- Prezos Fixos.- CASA DE MARZÁN-
ENRIQUE PRADO.- CASA PARA VIAXEIROS.- A máis acreditada da localidade- Estrada de San Lázaro. Perto da Estación do Ferrocarril.
LA DULCE ALIANZA.- FÁBRICA DE DOCES DE MANUEL GONZÁLEZ.- Especialidades: Tortas, biscoitos, amendoados,caramelos, bombóns. galletas e pastas para sobremesas e viaxes. Vendas ao maior e ao menor. San Lázaro 2.
CASA DE HÓSPEDES DE FRANCISCO LÓPEZ LÓPEZ.- No Balneario de Céltigos a 4 quilómetros de Sárria.
ULTRAMARINOS, ALMACÉN DE VIÑOS E SAL.- FAUSTINO ARIAS RAMIL. Matías López, 19.
COMERZO.- Grande Comerzo de Bisitaría, Quincalla, Paquetaría, Panaría, Sedaría , Xénero de punto. "Non mercar sen visitar antes este acreditado establecemento" FRANCISCO GARCÍA DELGADO.- Matías López , 15.
"EL PARAÍSO" de BIENVENIDO FREIJO .- Últimas Novidades.- Grande surtido de chapeus.- Camisolas.- Calzados e Paraugas.-" Sempre o mellor gusto en panos de seda, rasos, encaixes e adornos para traxes de señora", " Hai que visitar este establecemento", Maior, 21.
ARMINDO PENA GÓMEZ.- Ultramarinos.- Ferretaría.- Quincalla.- Calzado e xéneros de punto.- Viños xenerosos e do País.- Maior, 34.
ULTRAMARINOS, Viños e Augardente de todas clas.- Sal, Gra e Fariñas nos ALMACÉNS DE EMILIO ZAERA. Rúa da Estación.
ANTIGA RELOXOARÍA DE FELIPE L. PÁRAMO.- Fanse toda clas de composturas garantidas.- Véndense e arránxanse barómetros e termómetros.-Instálanse e repáranse aparellos elèctricos.- Véndense reloxos das mellores marcas de todas clas.- Compra de prata e ouro. Maior, 49.
MATÍAS VÁZQUEZ LÓPEZ.- Porvir 14." Nesta Casa tan coñecida do público acábase de recibir unha bonita coleción das últimas novidades nas batistas, rasos, céfiros, percais e outros varios tecidos .chapeus de pano e palla, Últimas Novidades. Nesta Casa acharedes todos os artigos necesarios , dende a roupa de recén nado , ata os avíos de funeraria."- Máquinas de coser Werthein.- Expendeduría de explosivos, pólvoras e dinamita,
LA SARRIANA.- CONFITARÍA.- Especialidade en Tortas, Biscoitos , Pitisús, Amendoados, biscoitelos e outra infindade de artigos concernentes ao Ramo. Viños e Licores. CASIMIRO LÓPEZ. Maior 10.
MANUEL LÓPEZ DÍAZ.- ALMACÉN de comestibles de toda clas.- Vidros.- Pinturas.-Bernices.- Ferrataría e Quincalla.- Grande surtido en Batería de Cociña e Artigos de Porcelana.- Camas metálicas.- Somieres.- Ferramentas .- Monopolio das acreditadas buxías esteáricas marca "Santiago Apóstol".- Vendas ao maior e ao retallo. Libros e toda clas de menaxe para escolas.
A Estación do Ferrocarril de Sárria é punto de entrada de produtos procedentes dos centros fabrís españois e de máis aló das fronteiras e fai nacer un comerzo exportador dos produtos da comarca
A exportación de xamóns, chourizos e outros produtos cárcicos curados e salgados alcanza tal dimensiòn que o apelativo "de Sárria" ten notariedade en Madrid e nas principais cidades galegas.
. A Estación do Oural e o Balneario de Céltigos son por ese tempo lugares onde se fixan negocios e darredor do balneario xorden unha serie de pousadas que convirten esa localidade nun centro de vacación máis aló da pura oferta curativa.
is
Comentarios
Publicar un comentario