A MORTE TRÁXICA DUN SARRIAO NA FERRARÍA DE RUGANDO ( 1904)
O CRIME DE QUIROGA
Como ocorreu o suceso, os ladróns dentro da Ferraría.- Loitando cos bandidos.- Un ancián enfermo.- Os detidos
Comunícannos desde Quiroga novos e interesantes detalles do horroroso crime cometido na Ferraría do casar de Rugando, do que xa demos conta,
Na madrugada do venres practicouse a autopsia do infortunado propietario da citada Ferraría don VICENZO LÓPEZ, natural dun pobo de Sárria. Era este señor solteiro, vivía só , sen máis compaña ca do seu sobriño NICOLAU LÓPEZ, tamén natural de Sárris, e tendo ao seu servizo na casa un criado e unha criada. A noite na que foi asaltada a Ferraría pasaba alí a noite a nai da serventa , que é veciña de Cereixido.
Os malfeitores entraron na morada do Sr López, darredor das doce da noite, pero un dos facinerosos , polo menos, debeu entrar sendo día, agochándose nalgún dos espazos para despois franquearlle a entrada aos seus compañeiros, pois sabía perfetamente canto se falara aquela noite na casa e a cea que lle deran a don Vicenzo López, que se achaba doente e deitado na cama.
Os bandidos apareceron nos corredores na medianoite , poñendo en acción o seu premeditado plan. dirixíndose un ao cuarto onde dormía tranquilamente o sobriño do interfecto. O Nicolau refire que como en soños viu unha sombra que se achegaba á cama , que se lanzóu rápidamente riba del , loitando corpo a corpo co malfeitor e recibindo nesta pelexa un tiro de revólver-
A loita foi breve, pero encarnizda, o bandido, home sen dúbida de máis forza, pelexba con ventaxa , mais a casualidade quixo que batese nunha cadeira e caíse no chan e riba del o Nicolau< Este tiña xa vencido ao seu inimigo , e cando estaba a punto de quitarlle o revólver o descoñecido deu a voz de ! Todos aquí !.
Efectivamente , moi axiña, chegaron algúns da partida , botándose riba do Nicolau que, esgotadas as súa forzas, ferido polo disparo e maltratado polos ladróns , tivo que se someter , sendo atado fortemente.
Despois foron cara o cuarto da criada, onde tamén estaba a súa nai; a anciá muller ao se dar conta do que acontecía, perdeu por completo o coñecemento , chea de medo , arrepiada e quedando como morta ; a criada , impresionada con tanta peripecia , deixou que a amarrasen sen protesta de ningunha clase. O criado pola súa parte , que despertara co disparo e ouservara dende o seu cuarto o que pasaba, colleu medo de tal xeito que non tivo máis coidado que o de pecharse , asegurando ben a porta do seu cuatro e negándose a brila.Os bandidos querían botala abaixo e entón o Nicolau díxolle que se entregase e non fixera resistenza para evitar ulteriores represalias.
Criada e criado , ben atados , puxéronos boca baixo e coa cabeza tapada , quedando ao coidado da súa vixianza un dos bandidos.
Os demais, co sobriño de don Vicenzo , a quen obrigaron a que os acompañase , dirixíndose ao cuarto do dono da casa.
O pobre ancián estaba na cama moi inquedo, tremendo, cheo de pavor. Sen consideración de ningunha clas , descargaronriba del bárbaros golpes ao tempo que lle esixían a entrega de diñeiro.
Queixábase o pacente con laios lastimeiros, ped edo conmiseración , manifestadno o seu mal estado de saúde, e dicíndolles que non tiña diñeiro; que estaban errados se supoñian qu era home adiñeirado ; mais os bandidos , implacables, con ameazas , seguiron a darlle golpes e atarono de pés e mans, queimándoo na fogueira que prepararan.
A horrible tortura realizárona collendo ao pacente pacente un dos ladróns pola cabeza e outro polos pés , deixándoo caer repetidas veces de espalda no vivo lume da fogueira,
Vendo que non lograban arrincar a D. Vicenzo unha declaración do diñeiro que posuía, abandonárono practicando minucioso rexistro nos mobles , levando o diñeiro que atoparon e que ascendía pouco máis ou menos a uns 250 pesos, que estaban no fondo dun baúl.
Baixaron deseguido á adega, onde comeron e beberon, marchando entre risas e bromas na maneira que xa dixemos.
O Xulgado de Quiroga traballa activamente para descobrir e capturas aos facinerosos.
Polo de agorasó hai dous detidos . Chámanse Dimas e Xoá Arrojo, e son veciño do pobo Paradapiñol.
O Nicolau López, sobriño do morto,presenta varias feridas , entre elas as que lle produciron co disparo.Por fortuna non son graves-
A medida que son coñecidos os detalles do horrible delito, medra a indinación en Quiroga e pobos da contorna.
( DIARIO DE PONTEVEDRA, 3 de novembro de 1904 )
Comentarios
Publicar un comentario