A HISTORIA MEDIEVAL DE SÁRRIA
A HISTORIA MEDIEVAL DE SÁRRIA
Manuel Tourón Yebra ( 1997 )
( Doutor en Historia )
No curso da Guerra da Independencia , as tropas napoleónicas produciron inxentes danos no patrimonio artístico e cultural de España, dos que non se libraron importantes arquivos que custodiaban documentos de excepcional valía , dos que moitos desapareceron. Así aconteceu co Arquivo do Grande Priorado da Orde de San Xoán de Xerusalén , máis coñecida como Orde de Malta, en Castela e León, sito no pobo toledán de Consuegra, que foi expoliado e destruídos boa parte dos seus fondos documentais.
Antes da Guerra coñecíase a existencia do denominado "Becerro de Consuegra", libro rexistro de privilexios, buldas , doazóns e todo tipo de documentos xurídicos , escolmados polos responsables da orde a mediados do século XV de entre todos os que compoñían o arquivo para evitar o seu deterioro ou destrución, posibilidade que finalmente se produciu , ou polo menos así se creu, durante as campañas do século XIX.
Nada se soubo do Libro de Privilexios- ou Cartulario- até hai catro anos, cando de maneira fortuíta foi identificado polo profesor medievalista Carlos Ayala entre os Fondos do Museum and Library of the order of St. John en Londres, no trascurso dun congreso parocinado pola Orde Sanxoanista no Reino Unido.
As vicisitudes do Cartulario foron moitas e complexas , se ben o que interesa neste momento-e que o seu contido foi compilado polo profesor Ayala e reunido nun magnífico libro , editado o pasado ano polo Instituto Complutense da Orde de Malta (Icomal ), e que, como dato curioso, reproduce na súa portada un freire orante dos frescos da igrexa de San Nicolau de Portomarín.
O interese que o Libro de Privilexios ten para os historiadores da orde de San Xoán e , en xeral, para os medievalista, é evidente ; emproiso, o obxectivo deste artigo é sinalar o seu valor como fonte complementaria para o estudo da historia na Idade Media, xa que algúns dos seus documentos están confirmados por persoaxes que exerceeron o señorío xurisdicional na Terra de Sárria antes da fundación da Vila por Afonso IX de León e Galicia ( 1194 ) e na nova pobra , recollendo o Libro un último documento cuxa data se remonta a un ano antes do falecemento do último rei leonés ( 1230 ), precisamente en Sárria.
Catro son os documentos do Cartulario de Malta que están confirmados polo "comes Alvarus in Sarria". Os dous primeiros están datados en Salamanca en 1165 e refírense á doazón feita por Fernando II á Orde de San Xoán das súas propiedades na Vila de Santa Cristina perto de Zamora, e da entrega polo dito rei leonés da metade da Vila de Alcántara aos Cabaleiros sanxoanistas.
Os dous documentos restantes son do ano 1166, o prinmeiro de data 15 de marzo ( ou maio ) non ten lugar de expedición, e fai referencia á entrega que fan , á Orde de San Xoán , Mencía García e os seus fillos , da Vila de San Pedro de Coreses , no Órbigo e da metade de Villástrego, no Páramo; no segundo, expedido en Benavente en outubro do dito ano de 1166 de novo o rei Fernando doa bens á orde e troca con esta a propiedade dunhas casas.
O "comes Rodericus in Sarria" aparece como confirmante en tres privilexios da Orde de San Xoán. O primeiro deles está datado en Toro o 17 de agosto de 1167, e recolle a doazón que o rei Fernando efectúa aos Cabaleiros de Malta das aceas e pesqueiras que posuía en Torrejón e El Prado e dunha propiedade existente nos Casares del Cid. Os outros dous son do ano 1169 ( marzo e xullo ) e refírense a doazóns reais a particulars.
Con estes documentos remata a presencia dos condes de Sárria no Cartulario de Malta, figurando a continuación , tamén como confirmantes algúns dos tenetnes que designou o rei Afonso IX para gobernar no seu nome o territorio de Sárria e a nova vila por el fundada de Vilanova de Sárria.
Así, no documento expedido en Sotohermosoen maio de 1188, polo que o novo rei leonés confirimalle á Orde de San Xoán todas as súas propiedades en troco de Villabuena de Beriz, figura como tenente Froila Ramírez , que exerceu o seu cargo entre os meses de abril e decembro do dito ano de 1188.
Rodrigo González , tenente de Sárria, desde maio de 1203 a maio de 1214 confirma os seguintes documentos :
- Zamora, 30 de novermbro de 1203.Acordo entre a Orde de San Xoán e o Mosteiro de San Román de Hornija sobre deliimitación de termos e asignación de rendas.
- Castronuño, 18 de maio de 1212: A Orde de San Xoán concédelle foro a Portomarín.
-;Lemos, 1 de agosto de 1214, Afonso IX confírmalle á Orde de San Xoán todas as propiedades que ten nos seus reinos.
O tenente de Sárria Martín Sánchez ( abril de 1219 ) / xullo de 1227 ) aparece en catro documentos do Libro de Privilexios da Orde de San Xoán, En orde cronolóxica son os que seguen :
- Zamora, 3 de xullo de 1221. Afonso IX confirmalle á orde sanxoanista a posesiòn das aldeas de Zamayón, Zamocino e Valdelosa, con reserva de certos dereitos.
- Ciudad Rodrigo, 8 de agost ode 1222, Afonso IX doalle á orde deSan Xoán "Fonte Cuberta", na Limia.
- Salamanca,14 de abril de 1224. Doazón á orde por Dona Gontrode da aldea de Avide.
- Huelmos, 31 de agosto de 1224. Confirmación real da doazón anterior por Dona Gontrode a favor da Orde de San Xoán.
Finalmente os tenentes reais Diego e Ramiro Froilaz , que exerceron o seu cargo entre abril de 1229 e setembro de 1230, confiman o documento datado en Cáceres o 5 de abril de 1229 , polo que o rei Afonso entrega a Vila de Villaruz á Orde de San Xoán de Xersalén.
Aínda hai no Cartulario de Malta un derradeiro documento , expedido en Sevilla o 25 de xullo de 1347, o<que pode ter algunha relación con Sárria, xa que nela aparece reseñado o entón comendador de Benavente da orde sanxoanista, Frei Fernando Fernández de Sárria, posiblemnete natrual da Vila lucense.
Como comentario final , non está de máis sinalar a importanae presencia que ao longo dos séclos mantivo a Orde de San Xoán en territoiros de perto de Sárria . Á Encomenda de Quiroga / O Incio e o Priorado de Portomarín habería que enadoir a igrexa de Santa María do Poio e a aldea de Veiga de Lamas, sen descartarmos outras posibles posesións entre as que, nembargantes , non estaría o importante mosteiro de Santa María Madalena de Sárria, segundo sostén con probado fundamento o cronista sarriao López Arias no seu último documentado libro adicado ao dito cenobio.
Nos vindeiros anos culminarán moitos dos traballos que están realizando os investigadores do Icomal, unha parte deles centrados na presencia e evaluación da Orde de San Xoán de Xerusalén en Galicia, co estudo detallado das sete encomendas sanxoanistas existentes no Vello Reino.
Polo dagora , e entrementras os ditos traballos non vexan a luz , é preciso seguir aportando a este campo de investigación cantos datos se poidan obter . O Libro de Privilexios da Orde de Malta é , neste senso, unha importante fonte que contribúe á clarificación da historia medieval sarriá, sen esquecermos que os seus documentos dotan de certa corporeidade ás figuras lonxanas dos primeiros condes de Sárria e dos tenentes que por encarga do seu fundador gobernaron a vila e a súa contorna hai agora 800 anos
( Versionado en galego por Xaime F. López Arias )
Comentarios
Publicar un comentario