A AVIACIÓN EN SÁRRIA ( 250 )
A AVIACIÓN EN SÁRRIA ( Publicado no semanario "Sárria" ) ( 250 )
Despois das repetidas xestións levadas a cabo por prestixiosas persoalidades deste Concello de Sárria perto dos Poderes Públicos , encamiñadas a que o longo campo denominado " Cha de Santa Marta" fose aceptado polo Goberno para os servizos de aeronáutica militar , acaba de ser recoñecido e estudado oficialmente por unha Comisión técnica , nomeada ao efecto pola Superioridade e composta polos distinguidos Capitáns D, Vicente Barrón e D, Antonio Pérez-Martín; noutro avión viña o tenente D, Manrique Montero con un mecánico. Todos eles pertencentes ao Corpo de Aviación Militar , no que teñen prestado relevan tes servizos á Patria.
Á hora anunciada chegaron maxestuosamente os magnificos aparatos ocupados polos referidos oficiais , tomando terra coa mestría que corresponde a tan expertos pilotos e ás facilidades naturais que ofrece este estensísimo e xa afamado campo. Agardaban aos aviadores as autoridades civís e militares , sendo aclamados polo numeroso público que lles tributou calurosos aplausos.
En Sárria foron agasallados polo entusiasta alcalde D. Fermín Somoza que , o mesmo co de Láncara, D. Xoán Manuel Somoza , con tanto celo veñen laborando para conquerir estes servizos, tan convintes para os intereses dos dous concellos.
Ao seguinte día , e secundados no seu labor informativo polas referidas autoridades e varios veciños, recorreron os aviadores toda a meseta, tomando amplos e minuciosos datos das condicións que reúne o dito campo, que ao xuizo de cantos técnicos o visitan-é un dos mellores da Península e chamado cecais en prazo non moi lonxano a merecer especialísima atención do noso Goberno,
Despois dun cordialisimo xantar íntimo na finca propiedade dos Sres. Marqueses de Ugena marcharon todos ao mentado campo, de onde partiron os avións sobor das cinco da tarde en direción a León, base de destino.
Prósimos a ser ultimados os trámites por parte da Xefatura Superior de Aeronáutica do dito campo"Cha de Santa Marta", confiamos en recibirmos mensualmente as gratas visitas que como promesa de cariño, nos brindaron ao partiren.
Os pobos de Sárria e Láncara conservarán sempre no arquivo da gratitude o nome do tan nomeado e culto Capitán D. Vicente Barrón, a cuxo primeiro e favorable informe do noso campo se debe a continuación das xestións oficiais até esta , última e definitiva, nos trámites a seguir.
A este ilustre Capitán e aos distinguidos oficiais que o acompañaban e tan atinadamente colaboraron nos traballos, o noso máis cordial saúdo mentres non teñamos de novo a satisfación sincera e fonda de volvermos a velos entre nós.
EL PUEBLO GALLEGO ( 18.08.1933)
O CAMPO DE AVIACIÓN REXIONAL EN SÁRRIA
Onte soubose nesta Capital que foron consinuadas 30.000 pesetas para construir nun monte perto de Sárria , o punto de aterraxe e despegue de avións,con emprazamento naquel lugar do capo rexional aérro.
O dito campo ía ser construído extramuros de Lugo, e houbo un técnico que se ofreceu gratuitamente para levantar os planos e dirixir as obras necesarias. Malia a todas estas facilidades , a nugalla e o abandono do Concello lucense deixaron que as istalacións vaian para Sárris, privando con iso á cidade dun elemento de vida e actividades que grandemente lle conviñan.
Esta falla de interese por Lugo está sendo acremente censurada.
.......................................................................................................................................................................
MORTE DO TENENTE AVIADOR SR. DALIAS
LA VOZ DE LA VERDAD ( 26.09.!934 )
EN SÁRRIA
Onte, ás cinco, cando evolucionaba por riba do campo de aterraxe de perto desta vila un aparato de caza, procedente da Base do Prat de Llobergat ( Barcelona ) das que se achan nesta vila, tripulado polo Tenente Dalias , capotéou violentamente ao pretender tomar terra, destrozándose.
O público recibiu gravísimas feridas , entre elas fracturas da base do cráneo , Foi trasladado con toda urxenza á clinica que en Sárria ten instalada o Doutor Batallón, onde falecéu o infortunado piloto, a quen lle suminustróu os Santos Sacramentos o Profesor do Seminario de Lugo D. Pedro López Rubín, que se acha naquela vila.
Co Tenente Dalias trasladouse a Sárria o Médico do Servizo de Aviación, Sr. Agudo.
O infortunado piloto estaba casado, deixando unha filla que, coa súa nai reside en Barcelona. Estan agardando instrucións respecto a onde vai ser inhumado o cadáver.
O accidente foi presenciado por un numerosísimo público, causando a desgraza penosa impresión, non só entre os que o presenciaron senón entre toda a veciñanza,
..............................................................
( Dende a Clinica do Doutor Casiano Pérez-Batallón o cadáver foi levado ao Aerodromo da Cha de Santa Marta onde foi velado. Traslado do cadaleito até a Ponte Vella onde foi depositado nunha ambulancia da Cruz Vermella que o levóu a Barcelona, Funeral na Igrexa de Santa Mariña de Sárria )
................................................................
LA VOZ DE LA VERDAD ( 28.09.1934 ).- Despóis dun accidente.- Funeráis e enterro (¿ ) do Tenente Dalias constituiron senllas manifestacións de dó . Asisten autoridades e pobo,
Traslado do cadáver
Esta mañá celebrouse o traslado do cadáver do infortunado Tenente de Aviación D. Eduardo Dalias, vítima do tráxico accidente do que oportunamente demos conta aos nosos lectores. O cadáver , encerrado en severo féretro, foi depositado nunha camioneta ambulancia da Cruz Vermella na que será conducido a Barcelona onde se fará a inhumación , colocando nela seis magníficas coroas de flores naturáis, ofrenda de compañeiros , subordinados e familia do Tenente Dalias, e autoridades de Sárria,
No fúnebre cortexo figuróu todo o pobo , autoridades locáis , clero parroquial con Cruz alzada, Padres Mercedarios e Párrocos da comarca.
O Coronel do Centro de Mobilización e Reserva nº 15, don Xorxe Villamide Salinero , que se encontra encargado da Comandancia Militar de Lugo, presidiu o dó, acompañado do Alcalde de Sárria, Don Xoán Manuel Somoza, Comandante árbitro das manobras, familiares e Xefes e compañeiros do finado.
Renderon honras , forzas de Aviación, formando unha Sección do mando do Tenente Lorenzinii.
A comitiva púxose en marcha pola estrada de Becerreá , até a entrada da vila, onde o clero entoóu un responso solemne.
De seguido o Coronel Villamide deu as graza ás autoridades e pobo pola súa asistenza ao acto , e fixo constar o seu sentido pésame aos familiares do Tenente Dalias e pronuncióu breves palabras dicíndolles que serviría de lenitivo á súa dor o saberen que o finado morrera como debiamos morreer todos: Cumprindo co deber. Ao remate , o Alcalde deu un viva á Aviación española, que foi contestado por todos.
O coche ambulancia emprendéu a viaxe con direción a Barcelona.
Os funeráis
Ás doce da mañá, executando acordos populares , celebráronse na igrexa parroquial de Santa Mariña desta vila , solemnísimos funeráis polo descanso eterno da alma do Tenente de Aviación D. Eduardo Dalias .
Unha moitedume invadiu o templo mencionado.
Asistiu numeroso clero da vila e parroquias da contorna.
Oficiou o virtuoso Párroco de Betote, D. Xesús Rodríguez Yebra, asistido dun R.P. Mercedario e do Capelán de Anciáns Desamparados de Sárria.
O acto foi conmovedor en estremo figurando na presidenza do dó as mesmas persoas que formaron a do traslado do cadáver.
...........................................
Comentarios
Publicar un comentario