RELIXIOSAS MERCEDARIAS EN SÁRRIA ( 1910 )
( EL CORREO DE GALICIA, 20.07.1910 )
En Sárria tratan de fundar un convento de clausura de relixiosas Mercedarias calzadas baixo da régoa de Santo Agostiño para adicarse ao ensino de nenas.
As relixiosas que se van establecer en Sárria proceden da Comunidade da dita orde que hai en Madrid-
Constituián o Convento seis relixiosas e dúas irmás para o servizo de aquelas"
----------------------------
O Convento e Colexio das Madres Mercedarias establecido en Sárria ocupou dúas casas da Rúa Matías López, os actuais números 14 e 16, e as hortas traseira que daban á Rúa Diego Pazos ( onde agora están as casas sinaladas cos números 11, 13 e 15 ).
O 28 de abril de 1919 , ás 9 da mañá, tivo lugar a benzón da CAPELA DAS MADRES MERCEDARIAS "oficiando e celebrando a santa misa o Bispo de Lugo, que administrou a sagrada comuñón a todas as nenas do Colexio. Ás 5 da tarde tivo lugar na dita capela a benzón das banderias dos "Tarsicios" de Sárria e Lier, con presenza dunha delegación de nenos e mozos eucarísticos de Lugo. O acto foi oficiado polo Bispo.
Comentarios
Publicar un comentario