UNHA PEREGRINACIÓN AO SANTUARIO DO CEBREIRO ( 1900 )
PEREGRINACIÓN EUCARÍSTICA DIOCESANA AO CEBREIRO
No mes der agosot do ano 1900 dentro da consolidación do movemento dos adoradores noiturnos a diocese lucense programou unha magna peregrinación ao santuario eucarístico de Santa eMaría A Real do Cebreiro e nela participaron adoradores de varios arciprestados--
A saída da vila de Sárria ( 14 de agosto ) estaba sinalada para as 4 da madrugada e a esa hora xa estaban concentrados para sairen xuntos cos sarriaos 40 adoradores da sección de Portomarín. que os estaban agardando na compaña dunha banda de musica. - Botaron a amdar cantando o Rosario- Entre os peregrinos estaban os mercedarios, Antonio López Vaamonde , ecónomo da Veiga, Nemesio Cobreros e Manuel López Camba.
Os dous grupos chegaron ao Cebreiro pola tardiña, e ali xa estaban agradando por eles as seccións de Triacastela , Samos e Valcarce e Balboa. Chegaron despois os de Lugo, As Nogais e outros puntos e todos xuntos cantaron o himo procisional de Segismundo Rojo e música de Balvás.
Establecidas as quendas de adoración diante do altar aos de Sárria correspodeulles facer o ritual establecio de 10 a 11 e de 11 a 12 e motos pariciparon no acto de confesións. Ás 12 comezaron a vela os de Portomarín, á 1 os de Samos e Eirexalba ( 5 monxes bieitos e 12 do Incio con Antonio Novoa Sampayo),
Houbo 3000 comungantes . Na misa cantada actuou o Coro de Adoradores de Lugo e todos os participantes bicaron as reliquias do Santo Miragre.
De volta para Sárria, os peregrinos chegaron a Sárria ás catro da tarde, e os adoradores de Portomarín seguiron camiño ata a beira do Miño.
Os sarriaos adicaron 36 horas a esta peregrinación, que seguiu o vello camiño de Santiago, xa que no ano 1900 non había estrada aberta ata o Cebreiro, e os de Portomarín, como naquel tempo só había estrada ata Mouzós, seguiron a ruta pola Pinza , Ferriros em As Cortes atravesando o río Miño na Barca, porque a antiga ponte medieval perdera varios arcos.
Comentarios
Publicar un comentario