PRAIA FLUVIAL DO CHANTO EN SÁRRIA ( 1962 )
No mes de febreiro de 1962 a PRAIA FLUVIAL DO CHANTO promovida polo Concello de Sárria, presidido por Xabier López-Acevedo López, presentaba moi avanzadas as obras : o muro de contención paralelo ao río estaba case rematado , o edificio ( cuxo proxecto foi feito polo estudante de arquitectura Antonio González Suárez Llanos ) tiña xa rematada a estrutura e estaban iniciando a dotación da pista, que pertenciosamente dicían sería destinada á práctica do tenis.
O Concello recibira unha subvención do Goberno Civil, a Caixa de Aforros Monte de Piedade da Coruña e Lugo fixo unha xenerosa aportación en diñeiro e o Concello, que tiña un moi baixo orzamento completou a parte que lle correspondía coas aportacións voluntarias de numeroso veciños da vila.
Para xeral e perpetua memoria facemos relación dos primeiors sarriaos que nese ano 1962 entregaron diñeiro para a adquisición de terreos, obra do edificio, muro de contención, reforzo da presa do Muiño do Toleiro , dotación de area no espazo a ocupar polos bañistas e elevación do camiño da Ribeira dos Cucos,
Para permitir o paso de coches o Concello tomou a desafortiunada decisións de botar por terra a monumental FONTE RIBEIRA, enchendo de reblo o eirado, e reducindo á mínima expresión o seu alzado, poñéndoa pegada ao Matadoiro Municipal. E poucos meses despois de permitir o acceso dos veículos ate a area da praia , e como esa praia artificial se convertira en aparcadoiro e lugar a onde os "motorizdos" levaban os autos para limpalos e lavalos, houbo que impedir o paso colocando pedras pasado o matadoiro, logrando así que os bañistas poidesen ocupar a praia sen atrancos.
Eis os nomes , e aportacións por eles feitas, dos sarriaos que responderon ao chamamento do Concello e de xeito xeneroso fixeron entregas coas que se abríu a colaboración veciñal co proxecto_
01.- Alcalde, avogado ( 1,000 pesetas ) 02.- Irmáns Santiago Naya , industriais ( 1,000 pesetas) 03.- Emilio Zaera, industrial ( 750 pesetas ) 04.- Luis López Valcárcel, médico ( 500 pesetas ) 05- Luís López Valcárcel, médico ( 500 pesetas ) 06.- Ceferino Fernández Yáñez, reloxeiro ( 500 pesetas ) 07.- Xosé Antonio López Rodríguez, reloxeiro (800 pesetas ) 08.- Pedro Viñas López, industrial ( 500 pesetas ). 09.- Manuel Pardo Rodríguez, industrial ( 500 pesetas) 10.- Guillermo Vázquez González, industrial ( 500 pesetas ) 11.-. Manuel González-Zaera , industrial ( 500 pesetas ) 12.- Emilio Xosé Vera Hermida , odontólogo ( 500 pesetas ) 13.-. Basilio Barreal, industrial (500 pesetas) 14.- Iván González-Zaera ( 500 pesetas ) 15.- Xabier Saco Rivera, propietario ( 750 pesetas ) 16.- Luis González Barral, industrial ( 500 pesetas ) 17.- Martín Balboa, industrial ( 100 pesetas ) 18.- Antonio Peña Villamarín, farmacéutico ( 500 pesetas ) 19.- Carmen González-Zaera ( 1.000 pesetas ) 20.- Fernando Taboada de Zuñiga ( 1.000 pesetas ) 21 ,- Recadado na festa organizada no Casino de Sárria ( 5.000 pesetas )
Total das primeiras aportacións veciñais : 16.350 pesetas.
ACORDOS DO CONCELLO DE SÁRRIA
(11.11.1962 ) PRAIA MUNICIPAL.- Acórdase por unanimidade o proxecto técnico para a construción da Praia Municipal e tamén a maneira do seu finanzamento que terá que ser de conformidade co xa prevido no Plano da Comisión Provincial de Servizos Técnicos na proporción de 48.000 pesetas en subvención da Presidenza do Goberno polo dito Plano, 32.000 pesetas en aportación da veciñanza e as 100.000 pesetas restantes ao Concello das que 10.000 pesetas apórtanse en metálico e as 90.000 pesetas restantes nos terreos onde haberá de ser edificada a dita praia e comprometéndose o Concello para o caso de que as aportacións da veciñanza no se chegasen a facer efectivas , a satisfacer as 32.000 pesetas que se prevén por tal conceto.
( 8.04.1963 ) COMPRA DO PRADO QUE ARRODEA OS TERREOS DA PRAIA MUNICIPAL.- O Señor Alcalde resumindo os feitos que xa son coñecidos pola maior parte da Corporación informa a esta que se acha á venda o prado que arrodea os terreos da Praia Fluvial e soomete á súa aprobación a convenencia de adqurilo o Concellom en atención ás seguintes razóns:
1ª.- É evidente a insuficiencia dos actuais terreos para conter a grande afluencia de veciños e público en xeral que a ela acode.
2ª,- Por ter sido incluida a Vila no Camiño Xacobeo, declarado de interese nacional, prevese unha grande afluencia de turismo, especialmente nos meses de verán e dacordo coas diretrices gubernamentais e co coseguinte beneficio para o Municipio que diso se pode derivar é preciso darlle a esta corrente turística facilidade para facer un alto nesta Vila, e un dos procedimentos máis en boga na actualidade e ao alcance do Concello, é proporcionarlle un lugar de esparcemento e descanso e un terreo de "camping". A Praia pode cumprir a primeira función e coa ampliación que actualmemte é susceptible podería tamén habilitarse un terreo de "camping" que reunirá nun emprazamento de singular beleza natural todos os servizos que esixen as disposicións legais que xa existen na Praia Fluvial e ademais exste a posibilidade de lograr importantes subvencións con destino a esta instalación , mais están condicionadas a que o Concello aporte os terreos axeitados para a súa instalación. e
3ª No momento actual existe a posiblilidade de adquirir inmediata dos terreos que arrodean a Praia , a un prezo razoable, e de non se aproveitar a oportunidade é indudable que uns novos propietarios non estarían propicios á cesión cecais a longo prazo e de seguro a maior prezo, sendo tamén posible ao parecer que se destinen a usos incómodos para a Praia que impidan a súa futura expansión .
De seguido o Señor Alcalde concede a palabra aos Señores Concelleiros , debatíndose amplamente o tema , tomándose finalmente por unanimidade o seguinte acordo ;
Facultar ao Señor Alcalde para que xestione a compra do prado que arrodea os terreos da Praia Municipal , propiedade de don Antonio Pérez Cabañas e dunha superficie aproximada de 10 ferrados ( 6.287,6 m/2 ) por un prezo máximo de 250.000 pesetas e para outorgar a correspondente escritura de compra a nome do Concello , de levarse a efecto a adquisición.
Acórdase ademais destinar ao pagamento fondos procedentes do superavit obtido no exercizo pasado , a cuxo obxecto instruirase o oportuno expediente de transferencia de creto , suplementando as partidas correspondentes do Orzamento Ordinario , na cantidade expresada para la adqusición e na que se considere necesaria para facer fronte aos gastos de escrituración que leva aparellados.
...............................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario