O ENTERRO DA SARDIÑA EN SÁRRIA ( 1909 )
ENTERRO DA SARDIÑA ( 25.02.1909)
Organizada a comitiva na sede do NUEVO CLUB , seguiu á Praza da Constitución, e baixando pola Rúa Maior seguiu polas rúas abaixo. Abría a marcha un capitán seguido dun cento de individuos traxeados de branco e con carrapuchas coas imaxes da morte, levando un ou dous farois á veneciana. Unha carroza con unha sombrilla chinesca con caprichosas luces e sostida por un pelele, ademais un individuo vestido de aragonés que levaba como manta unha colosal bacalada.
Seguían 200 enterradores facendo coro os primeiros, con antorchas de vento.
Unha xigantesca sardiña precedía ao coro fúnebre de cantares sabrosos , seguido de outros 200 individuos a prantería escollida e burlesca de marcial postín.
Pechaba a marcha a banda de música , A cerimonia fúnebre tivo lugar na Praza da Constitución .
Un novo aplauso ao Casino de Artesáns e á Comisión organizadora.
Comentarios
Publicar un comentario