SANTA MARÍA DE ALBÁN ( SÁRRIA ) 1761

 A parroquia de SANTA MARÍA DE ALBÁN , beira do río Celeiro  ( chamado Río Barbadelo na Idade Media ) en 1761 era de señorío da Abadía de Samos, e estaba formada polo luagr de Albán e o Pacio.

Os núcleos  familiares eran os seguintes;

01,. ALONSO LÓPEZ e ANDRÉ LÓPEZ,  irmáns, solteiros, 30 e 22 anos ( 2 )

02.- XOÁN VÁZQUEZ ,  casado, 55 anos, 1 fillo menor ( 3 persoas )

03-. MANUEL LÓPEZ,  casado, 35 anos ( 2 persoas )

04.- MANUEL LÓPEZ,  casado, 44 anos,  1 fillo menor ( 3 persoas )

05.- PEDRO ABELLA,  casado, 30 anos, 1 fillo menor ( 3 persoas )

06.- PEDRO  MÉNDEZ, casado, 50 anos, 1 fillo menor ( 3 persoas )

07.- PEDRO RODRÍGUEZ, casado,  58 anos,  1 fillo maior, 1 fillo menor ( 4 persoas )

08- XACOBE VÁZQUEZ . casado , 26 anos ( 2 persoas  )

09.-  DOMINGOS GARCÍA, casado, 50 anos, 1 fillo ( 3 persoas )

Non había eclesiásticos na freguesía . O párraco era o cura de San Pedro de Froián.

Edificios relixiosos

A igrexa de Santa María de Albán, na Idade Media coñecida  como Santa María de Callaes ou Santa María de Barbadelo. Igrexa románica.

Os fregueses eran enterrados dentro da igrexa.

Había unha fonte no lugar de Albán  e un pontón no río  por onde pasaba o camiño da Ciguñeira ( Barbadelo ).

A única edificación destacable era a Casa do Pacio.

Polo lugar de Albán pasaba o Camiño de Sárria a Vilamaior ( Feira do Quince ) de onde por  Mosteiro Vello seguía a Chantada e Pontevedra ( ben pola Barca do Pincelo ou pola Ponte de Belesar )

Os posuedores de bens e dereitos nesta parroquia en 1761 eran ;

1.- Antonio Arias. 2..-  Bernardo López. 3.- Bernardo Abella, 4.- Bieito do Alvaredo- 5.- Domingos García. (* ) 6.- Fraiz González.. 7.-  Francisco López. 8.-  Francisco López de Foxos. 9.- Francisco Díaz- 10.- Xosé Alvaredo. 11.- Xoán Vázquez.( * ) 12..- Xacobe Alvaredo. 13.. Xacobe Vázquez (*). 14.- Lucas López. 15.- Manuel López. ( * ) 16.- Miguel López. 17.- Pedro Tourón. 18,. Pedro González. 19.- Pedro Fernández. 20.- Pedro Méndez ( * )..21.- Pedro Rubio, 22.- Pedro López 23.- Pedro Rodríguez do Alvaredo.( * ). 24.-  Felipe Núñez. 25.- Salvador López. 26.- Tomé López 

Dos 9 grupos familiares  3 eran caseiros que traballaban terras alleas.  Chama a atenció o feito de  que os propietarios forasteiros sexan 20, fronte aos 6 moradores na parroquia.

NOTA;  Para a investigación de liñas familiares  anteriores a 1871 hai que consultar os Libros de Bautismos, Matrimonios e Enterramentos gardados no Arquuivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal- Praza de Santa María )

Os datos referidos  a nados, casados e  falecidos de 1871 endiante están no Rexistro Civil de Sárria e infomatizados a partires de 1950.

Comentarios

Publicacións populares