SANTA MARIÑA DE SÁRRIA ( 1761 )
A parroquia de Santa Mariña de Sárria en 1761 estaba formada polos espazos de Santa Mariña, Ferradores, Arrabaldo, A Pedreira e A Ponte Ribeira.
O señorío da parroquia correspondíalle aos Condes de Lemos-Marqueses de Sárria.
As familias moradoras na parroquia meirande das dúas que conformaban a vila marquesal de Sárria eran as seguintes:
01.- XOÁN DE NEIRA, fidalgo, TENENTE CORREXIDOR. casado, 60 anos, de máis de 60 anos, 3 fillos, 3 fillas, 2 criados e 1 criada ( 11 persoas ). Regulábanlle un gaño de 50 reais en cada un ano.
02.- ANTONIO DÍAZ SOMOZA, fidalgo, AGUACIL MAIOR DO MARQUESADO, viuvo, de máis de 60 anos, 1 criada ( 2 persoas ). Regulábanlle no ano 50 reais.
03.- MANUEL YEBRA, fidalgo, REXEDOR, casado, de máis de 18 anos
04.- ANTONIO LOSADA, fidalgo, ESCRIBÁN DO CONCELLO, casado, de máis de 60 anos e con el PEDRO ANDRÉ DE LOSADA , PROCURADOR XERAL, casado , de máis de 18 anos, 2 netos menores, 1 criado menor e 2 criadas ( 9 persoas ). O escribán tiña un gaño de 40 reais en cada un ano.
05.- DIEGO GÓMEZ ROBIÑOS , MINISTRO DA XUSTIZA, casado, de máis de 60 anos, ( 2 persoas ) Regulábanlle 50 reais.
06.- LEONOR DE VALCARCE, fidalga, viuva de Plácido Sarmiento, a nai, unha irmá, 1 sobriña casada con MANUEL DE YEBRA . REXEDOR, 2 fillos menores, 1 filla e 2 criados ( 10 persoas )
07.- XOÁN DE PRADEDA, fidalgo, casado, de máis de 60 anos, e fillos menores e 2 fillas ( 6 persoas )
08.- TAREIXA PRADEDA, fidalga, solteira ( 1 persoa )
09.- XOSÉ ANTONIO DE LA PEÑA, fidalgo, ESCRIBÁN, casado, máis de 60 anos. 3 fillos menores, 2 fillas e 1 criada ( 8 persoas ). Regulábanlle 200 reais por ano-
10.- XULIÁN DÍAZ DE GUITIÁN, ESCRIBÁN REAL E DE NÚMERO DE SAMOS e SISEIRO DO VIÑO, casado, 60 anos, 1 irmán maior, 2 fillos, 1 criado maior e 2 criadas ( 8 persoas ). Regulábanlle 250 reais pola escrinanía e 40 reais polo sisa,
11.- MIGUEL ANXO QUINTEIRO CARRIL, ESCRIBÁN REAL, casado, 42 anos, 1 fillo menor e 1 criada ( 4 persoas ) . Regulábanlle 250 reais en cada un ano.
12.- DIEGO VÁZQUEZ VARELA, CIRURXANO, viuvo, 49 anos, 1 fillo menor, 2 fillas ( 4 persoas) Regulábanlle 100 reais e 50 ferrados de centeo que lle pagaba o Hospital de Santo Antón Abade,
13.- XOÁN MELLE, forasteiro, CORREO-ADMINISTRADOR DA ESTAFETA, 34 anos., ( 1 persoa ) Regulábanlle 4 reais en cada día ( 1.095 reais no ano )
14.- MIGUEL COLOMO , ALBÉITAR, casado, 36 anos, a nai, 2 fillos menores- Regulábanlle 50 reais en cada un ano ( 5 persoas )
LABREGOS
15.- XOSÉ TEIXEIRO, casado, de máis de 60 anos, 1 fillo menor . ( 3 persoas )( Non traballa, pola idade )
16.- MANUEL DE CASTRO, CARPINTEIRO, casado, 49 anos, 1 fillo maior, 2 fillos menores ( 5 persoas ). Polo oficio regulábanlle 100 reais.
17.- XOSÉ RODRÍGUEZ , CARPINTEIRO, casado, 32 anos ( 2 persoas ). Regulábanlle 70 reais.
18.- XOÁN FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, casado, máis de 60 anos, 1 fillo e 1 filla (4 persoas ) Non traballa, pola idade e por ser curto de vista .
19.- XOÁN TEIXEIRO, viuvo, de máis de 60 anos, 2 sobriños maiores ( 1 casado, con tres fillos, e o outro, Manuel García, viuvo ). MANUEL GARCÍA por ser ARRIEIRO gañaba 150 reais no ano ( 6 persoas ).
20.- DOMINGOS LÓPEZ. casado, 60 anos, un fillo maior deprendendo a FERREIRO, 1 filla e 3 netas, O ferreiro gañaba 25 reais. ( 7 persoas )
21.- FERNANDO MENDOZA , FERREIRO, casado, de máis de 60 anos, 4 fillos. Tiña un gaño de 15 reais en cada un ano. ( 6 persoas )
22.- TOMÉ DÍAZ , ZAPATEIRO sen ingresos, casado, de máis dde 60 anos, 1 fillo maior, 1 ( filla casada con XOÁN VARELA PRADO (ausente en Madrid), a nai deste e 4 netos ( 10 persoas ).
23.- ALEXANDRE LÓPEZ, viuvo, 60 anos, 1 irmán, 1 sobriña casada con XOSÉ LÓPEZ e estes 1 fillo ( 4 persoas )
24.- BARTOLOMEU ULLOA,SARXENTO do Reximento da Milicia Provincial, casado, 3 fillos e 1 filla ( 6 persoas )
26.- DOMINGOS ARES , casado, 52 anos, 1 fillo maior, 1 filla casada ( 5 persoas ) O marido ausente de moito atrás en Castela.
27.- DOMINGOS LÓPEZ, casado, 49 anos, 1 fillo menor, 2 fillas ( unha casada con Xoán López ( 6 persoas )
28.- DOMINGOS LÓPEZ QUIROGA.casado, 60 anos, 1 fillo maior, 2 fillos menores , 1 filla e 1 nena expósita ( 7 persoas )
29.- FRANCISCO LÓPEZ ROJO, casado, 49 anos, 1 crisda menor ( 3 persoas )
30.- FRANCISCO FRANCO , casado, 59 anos ( 2 persoas)
31.- FRANCISCO PARDO, casado, máis de 60 anos, 1 fillo maior, 2 fillas, 2 fillos ausentes en Madrid- ( 7 persoas )
32,. XOÁN MANUEL LÓPEZ QUIROGA, casado, ausente no Real Servizo de Soldado. Está a muller ( 2 persoas )
33.- XOSÉ LÓPEZ DE ARMESTO, casado, 31 anos, 3 fillas e 1 tía ( 6 persoas )
34.- ANTONIO PÉREZ, viuvo, 2 fillas ( unha delas viuva de Xosé Macía con 2 fillos menores ( 5 persoas )
35.- MANUEL LOUREIRO, casado. 38 anos, 1 fillo menor , ausente tempo atrás en Madrid ( 3 persoas )
36,. MANUEL GARCÍA PADRIÑÁN, casado, 47 anos , 1 fillo menor, 2 fillas ( 5 persoas )
37.- MANUEL LÓPEZ, casado, 39 anos, 3 fillos e 2 fillas ( 7 persoas )
38.- PEDRO VÁZQUEZ, casado, 58 anos, 1 fillo maior, 2 fillas (5 persoas )
39.- ROSA VALCARCE, viuva. 1 criada ( 2 persoas )
40.- SANTIAGO DÍAZ "DUQUÉS", casado, máis de 60 anos, 1 xenro ( MARTIÑO LÓPEZ, casado, de máis de 18 anos ) 1 fillo menor., 1 filla e 3 netos menores ( 9 persoas )
41.-BENITA ARIAS, POBRE, solteira, 55 anos ( 1 persoa)
42.- ANTONIO DÍAZ, casado, 33 anos, 1 fillo menor ( 3 persoas )
43.- BENITA DE LA PEÑA , solteira, e con ela ANSELMO DE LA PEÑA, irmán, FIDALGO, solteiro , máis de 52 anos, 1 criada ( 3 persoas )
44.- XOÁN VARELA , casado, 40 anos, 1 tío de máis de 60 anos, 1 criado ( 4 persoas )
45.- XULIÁN CARREIRA, casado, 30 anos, 1 fillo menor, 1 filla menor ( 4 persoas )
46.- XOSEFA FREIJIDO, POBRE, solteira, 49 anos ( 1 persoa )
47.- MATEO LÓPEZ DE ARMESTO, casado, 40 anos, 2 fillos ( 4 persoas )
48.- MANUEL MONTEAGUDO , casado, 52 anos, 2 fillos menores, 2 fillas menores (6 persoas )
49.- MARÍA GONZÁLEZ, viuva, 1 fillo maior ( 2 persoas )
50.- MARÍA LÓPEZ, viuva, 1 xenro ( AMARO GARCÍA , de 33 anos ) , 1 filla , 1 neto e 2 netos menores ( 6 persoas )
ECLESIÁSTICOS
FROILÁN DE OTERO E LEMOS, PÁRRACO, 58 anos, 1 sobriño menor e 2 criadas ( 4 persoas )
XOSÉ VALCARCE, PRESBÍTERO, 69 anos, 1 criada ( 2 persoas )
XOÁN FERNÁNDEZ PRADEDA NAVIA, CAPELÁN , tiña con el o pai ( 2 persoas ) Levaba a Capela de San Domingos e da Nosa Señora " A Preñada" na igrexa de Santa Mariña
DOMINGOS DE NEIRA, PRESBÍTERO, 38 anos, 1 irmá ( 2 persoas )b
EMOLUMENTOS DO COMÚN
No CAMPO DE VIGO ( ou Campo do Rolo), onde agora está o CEIP "Frei Luis de Granada" - Praza de Galicia: 20 ferrados de campazo ( 4 ferrados de 1ª calidade cara nortte, 4 de 2ª cara sur e 12 de 3ª cara poñente, Estremas : Levante e Norte, freguesía de Vilar de Sárria, a poñente con propiedades pechadas de veciños, a sur, coa freguesía do Fontao. Este terreo non se rompía , nin frutificaba por sermun campazo cruzado de camiños , que só valia para pacido de porcos e ovellas, "sin que teña utilidade ningunha"
ESTABLECEMENTOS RELIXIOSOS
Igresa de SANTA MARIÑA DE SÁRRIA ( A VELLA ), igrexa románica derrubada en 1883,
Dentro dela había as capelas de San Xoán, San Domingos e da Nosa Señora " A Preñada".
Os fregueses eran enterrados dentro da igrexa, e mesmo na sancristía, e cando non había espazo dispoñible dábanlles sepultura na Capela de San Marco, perto da Fortaleza, na parroquia de San Salvador.
O cura de Santa Mariña levaba tamén as parroquias de Santiago de Farbán e de Santiago de Castelo dos Infantes.
Non había Casa Reitoral e Froilán de Otero e Lemos , con posterioridade a 1761, alzou unha pola súa conta , para que a ocupasen os párracos pagando renda para a Confraría da Nosa Señora da Soidade e para a luz do Santísimo na Catedral de Lugo.
Nesta parroquia había macelo ( matadoiro) e carnicería, abacería e un obradoiro de velas de sebo. En algunhas épocas houbo mesón, e en 1761 estana nela a Estafeta do Correo-
A FONTE RIBEIRA, única fonte da que se podían servir todo o ano os veciños das dúas parroquias da vila, estaba situada a carón da PONTE RIBEIRA
Os posuedores de bens e dereitos na parroquia de Santa Mariña de Sárria eran as seguintes ;
1.- Antonio Díaz Somoza. 2.- Antonio Losada.. 3.- Antonio Colomo. 4.- Alexandre López. 5.- Antonio Díaz. 6.- Antonio Pérez . 7.- Antonio López ( de San Martiño de Rdequeixo ). 8.- Antonio López ( de San Salvador de Vilar de Sárria ).9.- André Rigueiro ( de San Martiño de Requeixo ). 10.- Agostiño López ( de Santiago de Farbán ), 11.- Bartolomeu Ulloa. 12..- Benita Pardo. 13.- Benita de la Peña. 14.- Bernardo Rivera Quiroga ( de San Martiño do Fontao ), 15.- Martiño de Fontao ( San Martiño do Fontao) 16.- Cristovo Rivas ( de San Salvador de Sárria ). 17.- Clara Méndez ( de Santiago de Farbán ) 18.- Catarina Monseiro ( de San Cosme de Fiolleda ). 19.- Diego Varela. 20.- Diego Gómez Robiños. 21.- Domingos López. 22.- Domingos López. 23.- Domingos López Quiroga. 24.- Domingos Ares.25.- Domingos López Santos. 26.- Diego González ( de San Salvador de Vilar de Sárria ). 27.- Domingos López ( de Santa María do Pino ).28.- Domingos Díaz ( de Santiago de Farbán ). 29.- Marquesa de Sárria. 30.- Fernando Mendoza. 31.- Francisco López Rojo. 32.- Francisco Franco. 33.- Francisco Illanes ( San Cosme de Fiolleda). 34.- Francisco de Armesto ( de San Salvador de Sárria ). 35.- Gaspar Valcarce ( de Turiz ). 36.- Gregorio López ( de Santiago de Farban ) 37.- Gregorio Quiriga ( de Pino ). 38.- Inés Fernández ( de San Salvador de Sárria ). 39.- Xosé de la Peña. 40.- Xosé Teixeiro.41,. Xosé Macía.42.- Xosé López de Armesto. 43.- Xosefa Fernández. 44.- Xulián Carreira. 45.- Xoán de Pradeda. 46.- Xoán de Neira. 47.-Xoán Teixeiro. 48.- Xoán Fernández. 49.- Xoán Manuel Quiroga. 50.- Xosé Rodríguez. 51.- Xulián Díaz de Guitián. 52.- Xoán Varela. 53.- Xoán Varela e Prado. 54,. Xosé Armesto ( de San Salvador de Sárria ) 55.- Xoán de la Vega ( San Pedro de Maside ). 56,. Xoán López ( de San Martiño de Requeixo ). 57.- Xosé Rigueiro ( de San Martiño de Requeixo).58.- Xoán González ( de San Salvador de Sárria ), 59.- Xosé Díaz ( de San Salvador de Vilar de Sárria ), 60.- Xosé Herbón de Ribadeneira ( de Cadoalla- Becerreá ) . 61.- Lucrecia Valcarce- 62.- Lucas de la Vega ( de San Pedro de Maside ).63- Lucas Somoza Saavedra ( de San Martiño de Laiosa ). 64.- Leonor de Valcarce, 64.- Mateo de Armesto, 65.- Manuel de Castrp. 66.- Manuel López. 67.- Manuel García..68.- Manuel García. 69.- Manuel Loureiro. 70.- Miguel Quinteiro Carril. 71.- Miguel López. 72.- Miguel Colomo. 73.- Manuel de Monteagudo. 74.- María López. 75.- María González 76.- Manuel Cedrón ( de Farnadeiros ). 77.- Manuel Pradeda ( de Soutomerille ). 78.- María Roca Saco ( de San Salvador de Sárria ).79.- María López ( de San Salvador de Sárria ), 80.- Manuel Sánchez ( de San Salvador de Vilar de Sárria ). 81.- Plácido Sarmiento. 82.- Pedro Vázquez. 83.- Pedro Díaz. 84.-Pedro Isidro de Yebra ( Pazode San Pedro de Láncara ). 85.- Perdro López ( de Porto da Veiga-Vilar de Sárria ). 86.- Pedro López ( de San Salvador de Vilar de Sárria). 87.- Felipe González ( de San Salvador de Vilar de Sárria ). 88.- Rosa Valcarce. 89.- Roque Arias ( de San Pedro de Maside ).90.- Santiago Díaz. 91.- Santiago Díaz " Florido". 92- Simón Rodríguez ( de San Marftiño do Fontao).93.- Tareixa Pradeda. 94.- Tomé Díaz. 95.- Emolumentos do Común.
Comentarios
Publicar un comentario