CARLOS DE NAVARRA EN VILANOVA DE SÁRRIA ( 1381/1382)
CARLOS DE NAVARRA PEREGRINA A SANTIAGO
O sábado 22 de febreiro de 1381 Carlos de Navarra para en Vilanova de Sárria e aquí dalle unha gratificación ao cabaleiro Riboulle, Señor de Asse;
..... " a Monsieur Fouques Riboulle , Seigneur d ' Asse , que Monsieur lui a donné pour une fois, pour consideration des bons services que le dit chevalier a fait a Monsire en venant avecques lui des parties de France au Royaume de Castelle, comme apport pour mandement de Monsire , donné a Villeneuve le XXII jour de fevrier de 308 et un qui vaut pour quittence rendu cy , pour ce , deux flerins d' Aragon"...... ( a Monsieur Fouques Riboulle, Señor de Asse, que Monsieur lle deu por unha vez, en consideración dos bons servizos que o dito cabaleiro lle fixo a Monsire vindo con el dende as partes de Frsncia ao Reino de Castela, como aportación por mandado de Monsire , dado en Vilanova o día 22 de febreiro de 308 e un que val por libranza feita aquí,. por isto, 2 floríns de Aragón).....
O 26 de febreiro estaba de volta en Portomarín e o día 27 en Triacastela onde lle mercou un cabalo ao ferrador da vila , e o seu contador anotou :
,,,,," A Johan le Marechal de Triacastell pour la vende et delivrance d'un cheval bey que Monsire a fait acheter de lui pour porter les beisongs de l 'office de la cusine de Monsire, X flerins et demi d 'Aragon"..... ( A Xoán, o ferrador de Triacastela, pola venda e entrega dun cabalo.....que Monsire mandou mercarllo para levar os cacharros de cociña de Monsire, 10 floríns e medio de Aragón "....
Comentarios
Publicar un comentario