SAN SALVADOR DE SÁRRIA ( 1761 )
A parroquia de San Salvador de Sárria estaba formada polos espazos coñecidos como Sárria, San Salvador, Fornos, Fortaleza, Mosteiro da Madalena e A Áspera ( ou Veiga de Abaixo ).
En 1761 as familias que nela moraban tiñan a seguinte composición:
01.- LUCAS SOMOZA SAAVAEDRA, fidalgo, residente en Laiosa, 1 criado e 2 criadas. ( 4 persoas)
02.- FRANCISCO DE ARMESTO TABOADA. fidalgo, casado, de 49 anos, 5 fillos menores, 2 fillas, a nai, 1 irmá, 2 criados e 3 criadas (16 persoas )
03.- XOSÉ DE ARMESTO, fidalgo, solteiro, 1 criado e 1 criada ( 3 persoas )
04.- XOÁN FARIÑAS, fidalgo, BOTICARIO, casado, 71 anos, 1 fillo, 1 criado e 1 criada ( 5 persoas ). Regulábanlle o gaño de 50 reais ao ano.
05.- XOÁN ALONSO REBOIRO, MINISTRO DE XUSTIZA, casado , 37 anos, 1 criada ( 3 persoas ) Reguláballe o gaño de 20 reais ao ano.
06.- XOÁN REBOIRO, CARCEREIRO, casado, 35 anos, 2 fillos ( 4 persoas ) Recibía da Condesa de Lemos 300 reais en cada un ano.
07.- XOSÉ CEDRÓN, TECEDOR DE LENZOS, casado, 39 anos, 1 fillo menor, 1 filla, a nai ( 5 persoas ) Regulábanlle en cada un ano 60 reais.
08.- MIGUEL DE RIVAS, ausente de moitos anos como SOLDADO, casado, 31 anos, 2 fillos menores, 1 filla, 1 cuñada, 1 tía-A muller polo oficio de ESTANQUILLEIRA DO TABACO gañaba 8 reais en cada un ano ( 7 persoas ).
09.- XOSEFA DE CASTRO, viuva de Fernando Pérez, TABERNEIRA, 3 fillos menores ( 4 persoas ) Regulábanlle 8 reais de gaño.
10.- CRISTOVO DE RIVAS, casado, 69 anos, 1 filla casada con Xoán López, 2 netos menores ( 6 persoas)
11.- FRANCISCO LÓPEZ CORUJO, casado, 43 anos, 4 fillas e 2 netos ( 8 persoas )
12.-FRANCISCO LÓPEZ LOUREIRO, CONDUTOR DA VALIXA DO CORREO, casado, 43 anos, 1 fillo maior, 3 fillos menores e 1 filla. ( 7 persoas ) Polo oficio recibía 15 reais cada segunda semana.
13.-.FERNANDO LÓPEZ, CONDUTOR DA VALIXA DO CORREO, casado, 37 anos, 1 fillo menor, 1 filla menor ( 4 persoas ).Cada segunda semana recibía unha paga de 15 reais.
14.- MANUEL GARCÍA CAPÓN, TENDEIRO PRINCIPIANTE , casado, 32 anos, 1 filla ( 3 persoas ) Regulábanlle o gaño de 15 reais.
15.- MANUEL MELLE, ausente de tempo atrás en Madrid., casado, 59 anos, 1 filla, 1 fillo casado ( Manuel Melle, tamén ausente na renda do tabaco ) con 2 fillos. ( 7 persoas )
16.- MANUEL LÓPEZ CARROZAS , casado, 47 anos, 2 fillos menores e 1 filla ( 5 persoas )
17.- MARÍA LÓPEZ, viuva, 1 fillo casado, 2 netas, 1 cuñado de 45 anos, 1 criada ( 6 persoas )
18.-BIEITO ÁLVAREZ, casado, 40 anos, 1 fillo menor, 2 fillas e a nai ( 6 persoas)
19.-CATARINA DÍAZ, viuva, 1 fillo maior ( 2 persoas )
20.- SABELA DE TORRES, viuva, 1 fillo maior e 1 filla ( 3 persoas )
21.-XOÁN DÍAZ ( residente en Santa Mariña de Sárria ) por SISEIRO DO VIÑO en San Salvador de Sárria tiña o gaño de 40 reais en cada un ano.
Os eclesiásticos residentes ou percetores de rendas na parroquia eran :
01.- O párroco FRANCISCO MÉNDEZ DE NOVOA
02.- O frades residentes no Mosteiro da Madalena ( Convento de Santo Agostiño ) cos seus criados
LUCAS REBOIRO era o sancristán de San Salvador e disfrutaba a renda sinalada polo crego Xoán Díaz de Guitián
Fronte a San Salvador había o HOSPITAL DE SANTO ANTÓN ABADE , casa na que se reunía o Rexemento da Vila.Acollía aos peregrinos que voltaban de Santiago e presentaban a "compostela"
No Mosteiro da Madalena estaba o HOSPITAL DA MADALENA ou de San Roque que acollía aos peregrinos que ían cara Compostela.
Establecementos relixiosos:
IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR ( dentro dela enterraban aos frgueses coa obriga de pagamento do dereiro de foxorio)
MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA ( dentro delas enterraban a persoas que dotaban económicamente sepulturas, aos relixiosos, aos criados do convento e aos peregrinos e viaxeiros que morrían no Hospital)
CAPELA DE SAN MARCO.- CAPELA DE SANTA MARÍA DE BARBADELO.- CAPELA DE SANTIAGO DO MERCADO
FORTALEZA DE SÁRRIA ( abandoada trinta anos atrás )
PONTE DA ÁSPERA ( propiedade da Vila, que esixía dereito de pontaxe para pasar por ela )
CÁRCERE CONDAL.- Na Praza Principal ( agora Praza da Constitución ) estaba o Cárcere propiedade do Conde de Lemos-Marqués de Sárria.
CASA GRANDE, propiedade da familia Saavedra. Con brasóns.
CASA DA OBRA PÍA DOS GUITIÁN, onde estivera o HOSPITAL VELLO ( Rúa Maior 16 ) , alí estaba a TULLA onde se facían préstamos de centeo a persoas necesitadas.-
Estaba proibido ter fornos na rúa principal, e só podía habelos na rúa do FORNO.. No Mosteiro da Madalena tiñan forno propio e para servilo contrataban un forneiro propio,
A parroquia de San Salvador de Sárria era moi pequena e formaba curato único con San Martiño de Requeixo e San Salvador de Vilar de Sárria. Non había Casa Reitoral.
Os posuedores de bens e rendas nesta parroquia á altura de 1761 eran os seguintes;
1.- Antonio Díaz ( de Freituxe ). 2,. Antonio Díaz. 3.-Anxo Rodríguez ( de Farbán). 4- Bernardo Rivera ( do Fontao ). 5.- Benita Pardo ( de Santa Mariña de Sárria ).6.- Bieito Álvarez. 7.- Cristovo Rivas-8.- Catarina Díaz. 9.- Diego Gómez Robiños ( Santa Mariña de Sárria ),10,- Domingos Ares ( de Santa Mariña de Sárria ) 11.- Domingos López ( de Santa Mariña de Sárria ), 12.- Domingos Lópz ( de Santiago de Farbán ).13- Francisco de Armesto.14.- Francisco Loureiro ( Ferreiró). 15,.Francisco López-16.- Fernando López.17.- Fernando Pérez. 18.- Francisco Illanes ( San Cosme de Fiolleda ).19.- Francisco López ( de Santa Mariña de Sárria),20.- Francisco López ( de San Pedro d e Maside ).21.-Inés Fernández.22.- Sabela de Torres. 23.- Xosé de Armesto e Somoza. 24.- Xosé Cedrón. 25.- Xoán Alonso Reboiro, 26.- Xosefa de Castro. 27.- Xoán Reboiro. 28.-Xoán Fariña. 29.- Xosé de la Peña ( Santa Mariña de Sárria ), 30.- Xosé López ( de San Pedro de Maside ) 31.- Lucas Somoza Saavedra ( San Martiño de Laiosa ).32.-Manuel Melle. 33.- Manuel Monteagudo.34.- Manuel López Carrozas. 35.-Manuel García Capón. 36.- María López da Áspera, 37.- Miguel de Rivas. 38.- Matías López. 39.- Martiño López ( dd Santa Mariña de Sárria ). 40.-Pedro Vázquez ( de Santa Mariña de Sárria ).41.- Pedro Díaz. 42.- Roque Arias ( de San Pedro de Maside ). 43.- Santiago Díaz. 44.- Emolumentos do Común. 45.- Condes de Lemos-Marqueses de Sárria ( Fortaleza, con foxos e contrafoxos e o Cárcere Codal)
NOTA: Para formar as liñas xenealoxicas derivadas dos fregueses de San Salvador de Sárria anteriores a 1871 hai que consultar os libros de bautismos, casamentos e enterramentos custodiados no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal- Praza de Santa María -Lugo)-
.Os datos a partir de 1871 están nos respectivos libros depositados no Rexistro Civil de Sárria. Os datos de 1950 en adiante están informatizados e poden facilitar tamén os doutras localidades,
Comentarios
Publicar un comentario