SAN MAMEDE DO CAMIÑO ( SÁRRIA ) - 1761
A parroquia de San Mamede do Camiño ( San Mamede do Camiño Francés ) en 1761 estaba formada polos lugares de Airexe, San Mamede e San Pedro. Na súa maior parte estaba dentro da Xurisdición de Sárria, e o resto estaba integrado na Xurisdición do Castelo dos Infantes.
1.- ALONSO GONZÁLEZ, casado, 46 anos, 3 fillos menores e 2 fillas ( 7 persoas )
2.- XOÁN LÓPEZ , casado, de máis de 60 anos, 1 fillo menor, 5 fillas ( 8 persoas)
3.- XOSÉ LÓPEZ , casado, máis de 60 anos, 1 irmán maior, 5 fillos menores, 4 fillas ( 12 persoas )
4.- XOÁN DE PEREIRA ( ausente con toda a familia )
5.- XOÁN LÓPEZ, TABERNEIRO , casado, 36 anos, 2 fillos menores, 2 fillas, ( 6 persoas). Regulábanlle un gaño de 16 reais en cada un ano.
6.- MANUEL RUBIO, casado, 51 anos, 1 sobriño casado con 1 fillo menor, e catro fillos ( 9 persoas )
7.- MANUEL ÁLVAREZ, casado, 26 anos, 1 irmán maior e 3 fillas ( 6 persoas )
O número de habitantes era de 48 persoas.
Emolumentos do común.
A freguesía era anexa da de San Pedro de Seteventos , que disfrutaba de 800 reais de desmos en cada un ano.
Edificios relixiosos:
Igrexa parroquial de San Mamede do Camiño. Os fregueses eran enterrados no interior do templo.
Capela de San Pedro do Camiño.
Había unha taberna.
O Camiño de Santiago , procedente da Aguiada pasaba por San Mamede do Camiño e San Pedro do Camiño e pasada a lagoela do Pividal , polo Carballal, entraba na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria.
En 1761 eran posuedores de bens e dereitos en San Mamede do Camiño as seguintes persoas:
1.- Condesa de Lemos. 2.- Antonio López, 3.- Antonio Reboredo ( de San Salvador de Vilar de Sárria. 4.- Alonso González ( *). 5.- Alonso de Mendoza ( de Lugo ). 6.- André López ( de San Martiño do Fontao). 7.- André Valiña ( de Santa María de Lier ). 8.- Bartolomeu de Castro ( de Santiago de Castelo dos Infantes ). 9.- Domiungos González ( de San Martiño do Fontao). 10.- Domingos Rigueiro ( de Santiago de Castelo dos Infantes ). 11.- Domingos López Cancela ( de Santo Estevo de Calvor ). 12.- Domingos Valcarce ( de Santo Estevo de Calvor ). 13.- Domingos de Barrio ( de Santo Estevo de Calvor ), 14.- Domingos Rubio ( de Santiago do Castelo dos Infantes ). 15.- Domingos do Campo ( de Sárria ). 16.- Diego González ( de Sárria). 17.- Francisco Inacio Valcárcel ( San Cristovo do Real ). 18.-Francisco Fernández ( de Santiago de Castelo dos Infantes ). 19.- Xoán López ( * ). 20.- Xosé López ( *). 21.- Xoán de Pereira ( *). 22.- Xoán de Lamparte ( Santo Estevo de Calvor ). 23.-Xoán Loureiro ( de Santiago de Castelo dos Infantes ). 24.- Xoán López ( de Santiago de Castelo dos Infantes. 25.- Xoán López ( *). 26.-Lucas Somoza Saavedra ( San Martiño de Laiosa). 27.- Lourenzo López ( de San Martiño do Fontao ). 28.- Lourenzo García ( de Santo Estevo de Calvor ). 29.- Manuel Rubio ( * ), 30.-Manuel Álvarez ( * ). 31.-Manuel López ( de Santo Estevo de Calvor ). 32.- Manuel García de Santo Estevo de Calvor ). 33.- Manuel Rigueiro ( de Santiago de Castelo dos Infantes ).34.-Manuel Sánchez ( de Sárria ). 35.- Plácido Sarmiento ( Sárria )
NOTA: Os que queiran formar as súas liñas xenealóxicas referidas a persoas relacionadas con San Mamede do Camiño anteriores a 1871 poden consultar os libros parroquiais ( cos de San Pedro de Seteventos ) gardados no Arquivo Diocesano de Lugo ( Pazo Episcopal-Praza de Santa María.
Para os datos de nacementos, matrimonios e defuncións posteriores a 1870 hai que percuralos no Rexistro Civil de Sárria ( Rúa Maior 1 ), e os posteriores a 1950 están informatizados.
Comentarios
Publicar un comentario