A FRUSTRADA PARROQUIA DE SAN LÁZARO DE SÁRRIA ( 1891 )

A apertura da estrada de Valdeorras ( 1853 ) , a construción da Ponte Nova do Mazadoiro e da estrada que desde ela  vai á Lama Regueira  e a chegada do ferrocarril ( 1880 ) trouxeron que o espazo de unha e outra banda do río Celeiro ( parroquias de Maside e de Requexo ) visen o nacemento de novos barrios.

Xurdiron así os barrios de O Mazadoiro ( Requei xo) darredor do mesón , e en Maside os da Estrada do Mazadoiro, San Láraro e A Estación onde  asentaron comerciantes , peóns  , ferroviarios . Esas novas poboacións  con actividades ben diferentes das dos labregos de Maside e Requeixo-Treilán  por viviren máis petto da vila vella , viron medrar a idea de facer unha nova parroquia "no ensanche" , e o Bispado de Lugo apostou porque a vella capela do Hospital de gafos ( na parroquia de San sPedro de Maside ) pasase a ser igrexa parroquial dos nacentes barrios . 

Finalmente  houbo segregacións e  os luagres de San Lázaro, da Estación e da Estrada do Mazadoiro pasaron a formar parte da parroquia ( ampliada ) de San Salvador de Sárria,, e como  o bispado acordou  a supresión da parroquia de San Martiño de Requeixo os lugares de San Martiño, Treilán, O Mazadoiro e A Veiguiña quedaron tamén integrados en San Salvador, e así dende 1891 os enterramentos que antes se facían en Maside e en Vilar de Sárria ( os de Requeixo) pasaron a facerse no Cemiterio Municipal-

Esas mudanzas eclesiais foron aceptadas polo Concello de Sárria e os barrios de San Lázaro, A Estación e  Estrada do Mazadoiro ( treito final da Rúa Matías López, entre a Corga de Formigueros e a Ponte Nova do Mazadoiro ) pasaron a estar dentro do casco da vila, mentres que A Áspera ou Veiga de Abaixo, O Mazadoiro , Treilán, A Fábrica de Sarry e San Martiño ( agora xa sen igrexa parroquial, rebaixada esta a simple capela ) foron consideradas medio rural.

A desaparición da freguesía de San Martiño de Requeixo  no eclesiástico non levou aparellada a desaparición da parroquia a efectos civís, que aínda pervive, e que perdeu tamén o lugar da Veiguiña agora integrada en San Salvador deVilar de Sárria.

O 11,11.1891 EL ECO DE GALICIA  facíase eco da necesidade de darlles asistenza espirtitual as os habitantes dos barrios nados na parte das cortiñas de San Lázaro  e do Mazadoiro  co seguinte solto:

SAN LÁZARO.- Queixábanse   os veciños dos novos barrios do Lázaro, O Mazadoiro e A Estación, de que non se celebren misas nesa contorna , nin tampouco agora en San Martiño de Requeixo, pois estando a distancia cosiderable  as parroquia da vila  e as de Vilar e Maside, non poderán cumprir  nesas igrexas con tan santo preceto sen desatenderen as distintas industrias  e o comerzo ao que  na súa maioría se adica a crecente pob oación daqueles  xa importantes arrabaldos.

Confiamos que o o Ilmo. Sr  Bispo ha de dignarse  atender  os rogos dos seus diocesáns , que oirían misa  con fervoros xúbilo na Capela do Lázaro os días festivos, o que non poderon lograr persoas  interesadas por  estaren os sacerdotes  a outros puntos,

Os sarriaos da parte alta (  A Vila) fixeron chegar ao Bispo a súa protesta  polo proxecto de integración  dos "barrios de abaixo", con un certo aquel de arredismo mental, que non foi atendido polo prelado quen, volvendo sobre anterior acordo, non botou adiante  a creación da parroquia de San Lázaro de Sárria,

O correspondente de El Regional, diario de Lugo, en 6- 04.1890  dí que non queren agrupar parroquia da vila coas do medio rural  e indican que sería preferible facer unha soa parroquia na vila que agrupase as 200 familias de San Salvador e Santa Mariña de Sárria.

100 anos despois ( 1991 ) , cando o 99 %  da poboación da vila de Sárria vive na zona baixa ( de entrerríos ) , foi creada a primeira igrexa  non situada no outeiro castrexo , adicada á Nosa Señora do Rosario , e antes, nos anos 1950, outro intento de facer unha igrexa nova no Barrio de San Lázaro tampouco  deu froito, malia a que o bispo lucense, Balanzá Navarro autorizara , o  troco so soar da Capela por outro máis amplo na mesma rúa. 

Comentarios

Publicacións populares