O HOSPITAL DA NOSA SEÑORA DO CARME DE SÁRRIA
HOSPITAL MUNICIPAL DE SÁRRIA
O Hospital da Nosa Señora do Carme foi creado por doazón da Excma. Sra Dona Andrea Andrés e Sánchez, Marquesa de Casa López, para acoller doentes do termo municipal de Sárria ( Lugo ) , e posto por ela baixo o rexemento perpetuo do Concello.
Posteriormente pasou a cumprir fins de Hospital-Asilo de Anciáns, e posteriormente só os de Asilo, ate que as súas condicións de confort e habitabilidade empurraron o abandono do mesmo por parte da orde relixiosa , "Hermanitas de los Ancianos Desamparados".
O 11 de maio de 1915 foi comprada a finca Cortiña do Mazadoiro a don Xosé Monteagudo, sita no lugar do Mazadoiro , parroquia de San Martiño de Requeixo, perto da Estación do Ferrocarril, ratificándose a venda o 28 de xaneiro de 1906. A superficie adquirida foi de 44 áreas 3 centiáreas e 4 decímetros cadrados que a doante destinou íntegramente á fin fundacional.
O proxecto e direción da obra correu a cargo de don Valentín Roca Carbonell, arqutecto da Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid. A obra executada custou 54.500 pesetas , e ocupou unha superfcie de 411,76 metros cadrados. O edificio constaba de capela , sala de homes, sala de mulleres, residenza para o conserxe ou ordenanza, dúas salas na entrada , botiquín , así como un soto cuxa finaliade era a aireación.
A Marquesa de Casa López ao se referir ao dito Hospital dí que " este edificio unha vez construído e arranxado , conforme a planos e condicións técnicas , á fin humanitaria que se destina, proponse entregalo ao Concello de Sárria , en beneficio principalmente dos habitantes do seu distrito para que o conserve sempre. Que se nalgún caso ou tempo o municipio referido ou entidade que o represente a este, non proveere eficazmente ao coidado, á conservación e reparacións do edificio , servizos, gastos de sostemento , en todo tempo, contribucións e medios necesarios , era a súa vontade que o terreo , edificio,, láminas e efectos volvesen ao dominio da doante ou herdeiros".
Porque a magnificencia e filantropía da marquesa non chegou tan só a doar o terreo e o edificio , senón que o dotou ademais con tíduos da Débeda Pública , mobiliario, imaxes e un magnífico cadro alegórico da Caridade , da autoría dun artista posiblemente seguidor de Fortuny.
A escritura de doazón , con outros documentos, amosa ben ás claras cal foi a intención da doante ao darlle ao pobo de Sárria un hospital que viña a ser un elo máis no número dos habidos na vila dende os lonxanos tempos das pelerinaxes xacobeas.
O 24 de marzo de 1909o Concello provista en propiedade a praza de conserxe no hospital e en 31 de outubro de 1910,,o alcalde constitucional don Modesto Rivas Viñas suscribe coa Rvda, Sor Rosa de la Santísima Trinidad , superiora das Hermanitas de los Ancianos Desamparados, contrato polo que este Instituto se encargará da asistencia, coidado e manutención dos doentes que ingresen no hospital , así como do coidado,arranxos e lavado das súas roupas, pagando o Concello 1,50 pesetas por persoa e día de 1 de xaneiro de 1911 endiante.
A direción e inspeción do hospital correspodíanlle ao Concello e fíxose entrega de material e obxectos litúrxicos , mobiliario para os cuartos das relixiosas, roupeiro, 14 camas cos seus elementos , quinqués, mobles para o recibimento e material de cociña,
Fixeron un detallado regulamento no que se reflicten os deberes dos conserxes, enfermos, criadas, Fillas da Caridade, capelán, médico director e farmacéutico, mais non chegaron a ser ocupadas todas as prazas ao estaren as monxas na levanza do Hospital Municipal, que responpndía levaba o nome de "Nosa Señora do Carme", e pola orixe da orde relixiosa o lugar preferente do altar da capela pasou a estar ocupado por unha imaxe da Virxe dos Desamparados..
O 2 de outubro de 1911 estaban á fronte do Hospital cinco irmás, era superiora sor Rosa de la Santísima Trinidad Tuñón y Suárez, contaban tamén cun enfermeiro e o número de acollidos era o de doce.
No Libro de Acollida aos servizos sanitarios do Hospital aparece reflectida a cantidade de trescentas oitenta asistencias , polo que fai exclusivamente a asistencia médica , dende outubro de 1909 no que se abre até18 de marzo de 1957, data na que pasa a ser adicado o establecemento só a Asilo de Anciáns.
A edificación primitiva axiña se volveu pequena e na parte traseira houbo necesside de construir un novo edificio, de alto e baixo, que pasou a albergar a comunidade , enfermaría e estancias a favor dos velliños alí acollidos.
Esa edificación sufreu un incendio e houbo que acondicinalo de novo coas aportacións oficiais e as feitas con xenerosiade polos veciños de Sárria.
O Concello de Sárria , malia a que a proxeción do Hospital e o Asilo ía con moito máis aló do termo municipal, xa que sempre estiveron ao servizo da comarca, destinou ano tras ano partidas do orzamento municipal para o seu mantemento e dotou tamén a praza de médico do hospital.
De 1956 é a aprobación das obras de modificación e dotación dos servizos hixiénicos , que alterou a fachada principal, e alcanzou o custe de 30.458,22 pesetas,
Co obxecto de achegar recursos co seu aproveitamento e cultivo e chegar á autosuficiencia as Irmanciñas compraron na contorna varios terreos, entre eles o Prado das Monxas onde estabaa a mina que surtía de auga potable ao Hospital , e tamén facían sementeiras na finca doada pola Marquesa de Casa López.
Ao longo do anos e en varias veces as monxiñas recorrían a comarca solicitando da caridade dos labregos entregas de alimentos ( centeo, patacas, carnes ... ) e en Sárria saáin a pedir esmolas, prendas e roupa . Nas dúas entradas do Campo da Feira alzaron dúas capeliñas con peto adicadas a Santo Antonio destinando as esmolas alí recollidas ás nevesaides do Asilo. Nos bares da vila poñían unhas caixiñas coas que solicitaban dos fumadores que cedesen tabaco para os varóns tamén fumadores acollidos na Casa. As comísións de festas do San Xoán soían ofrecerlles un xantar extraordinaria con ocasión dos festexos, as sociedades recreativas facían entregas de diñeiro extraordinarias e grupos de mozos e mozas, especialmente os Xoves da Acción Católica, organzaban festivais benéficos no Nadal on beneficios aplicados ao Asilo. Finalmente as institucións bancarias tamén colaboraban con axudas económicas, e houbo iniciativas solidarias polas que se facilitou que o Asilo contase con un veículo Land Rover que lles permitía levar mellor a recollida de donativos no medio rural,ou para mercar unha vaca e tamén para instalar a calefación central alimetnada con fueloil, Mentres estivo vixente o Servizo Social da Muller as mozas obrigadas a prestalo elexían maioritariamente prestar alí os labores obrigados.
Nas últimas décadas de funcionamneto do Hospital-Asilo foi o seu capelán, residindo na Casa, o sacerdote don Xulio Quindós, destacado intelectual e profundo teólogo, que deixou moi grata memoria en Sárria,
Regularmente o número de acollidos no Hospital-Asilo achegábase á corentena e os menesterosos nel acollidos , xunto coas prestacións de subsistencia recibían asistencia médica e farmacéutica,
No Hospital realizáronse intervencións cirúrxicas como consecuencia de aaccidentes con resultado de moi poucas morte.
Concebido o Hospital únicamente á atención de persoas pobres , non é raro que resultase gravoso para o Concello, e os tíduos de Débeda Pública a el destinados acabaron resultatndo inoperativos, e cando a Deputación e o sistema de previsión social fixeron dotacións hospitalarias na capital da provimcia ningunha xustificación tiña mantelo .
O pobo de Sárria acolleu dende o comezo da actividade esta institución co maior dos cariños e con constantes mostras de xenerosidade para coas monxas e os acollidos, e cando a orde relixiosa entrou en crise pola falla de vocacións e a idade avanzada das irmanciñas e estas abandoaron a Casa do Mazadoiro, e inmediatamnte o Concello, coa colaboración dos veciños e axudas oficiais promoveu a construción dunha Residencia de Anciáns no soar do vello Hospital, que foi derrubado, para dar lugar a unha grandiosa e moderna edificación, que durante anos albergou unha comunidade de relixioas da Congregación de San Vicenzo de Paul, e agora está xestionada polo Concello, por medio dun Padroado.
Da casa derrubada só se conservan na actual residencia a campaiña que presidía a entrada e o cadro alegórico da Caridade doado pola Marquesa ded Casa López.
A imaxe da Virxe dos Desamparados foi recollida pola Sra. de Babío que a tivo na súa casa da Rúa Padre Severino Vega , e finalmente pasou á Capela de San Lázro.
A Festa dos Desamparados, que era celebrada nos barrios do Mazadoiro e da Estación , esmoreceu e só se ve recuperada algúns anos por morriñentos veciños que gardan memoria daquelas animosas veciñas que atendíaa a anciáns menesterosos, en tempos nos que as institucións públicas lles viraban as costas.
XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS
Comentarios
Publicar un comentario