PEDINDO O MARQUESADO DE SÁRRIA ( 1544 )
Don Fernando de Castro pidelle a Carlos I ( V de Alemaña) o tíduo de Marqués de Sárria. para el, e o tíduo de Conde de Andrade para o seu fillo, Don Pedro de Castro.
Sacra Católica Cesárea Maxestade :
Don Fernando de Castro digo que eu son conde por mercé dos Reis Católicos antecesores da Vosa Maxestade e don Fernando de Andrade, sogro meu, en cuxa casa e maorazgo o sucedeu don Pedro de Castro, filllo meu, que era Conde de Vilalba; e porque da Vosa Maxestade por honrarme a min e ao dito meu fillo, como servidores e leais vasalos da Vosa Maxestaded e por aumentarmos as nosas casas para mellor servirmos á Vosa Maxestade é facernos mercés, polo tanto eu suplico á Vosa Maxestade mande darme o tíduo de Marqué da miña vila de Sárria e ao dito meu fillo darlle o tíduo de Conde de Andrade, porque en facelo a Vosa Maxestade faranos grande ben e mercé.
Don Fernando ( autógrafo )
( Arquivo Xeral de Simancas )
Versión en galego de XAFA
Comentarios
Publicar un comentario