O REGADÍO DO VAL DE SÁRRIA ( 1823 )

 PROXECTO DUNHA CAL DENDE A ACEA DE BAIXO A  RUBÍN

A lectura dun dos oficios  que forman parte do atado de documentos , pertecentes ao ano 1823, e que está no minúsculo Arquivo Histórico Comarcal de Sárria ( en formación) fará sorrir a máis de un.

Os Concellos Constitucionais que xa nesa época perigaban diante dos embates  da facción realista, non por iso esmaiaban na súa intención de mudar para mellor os xeitos de vida do seu tempo. É naquel momento de euforia cando o Concello Constitucional de Sárria , nunha palabra os persoeiros liberais, deciden estudar  a comenencia de mellorar  aproductividade do val  regado polo río Sárria e nos primeiros meses de 1823 dirixen  á Superioridade ,neste caso ao Xefe Politico da provincia de Lugo, unha petición na que se destaca  a utilidade  de facer  un longo rairo entre A Acea de Baixo ( Farbán )  e Rubín.

 .O antedito é canto se desprende  da lectura do citado oficio, cuxa copia, como fito incontestado se conservou  entre os papeis mal gardados  no Consistorio.

¿ Que quedou daquel proxecto ? : Unha  presa no leiro de Frei Domingo ( Presa do Peago ) e un rairo para regar prados en Ribela, que non seguiu máis adiante. Aquel magnífco proxecto morreu coa caída do réxime liberal, e tardaría perto de 150 anos en volver a renacer como desexable mellora.

Daquela construir unha presa na Acea , parroquia de Farbán, e levar as augas do río Sárria  nunha lonxitu de máis de seis quilómetros  por medio dun rairo , decorre do pola marxe dereita do río, era máis que unha obra de visionarios.. Desa obra íanse beneficiar  terreos de Farbán, Fontao, Vilar de Sárria, San Xulián da Veiga e Rubín, cunha considerable superficie de regadío.

Non era unha obra irrealizable. Todo máis poderíase dicir  na contra que a presa de desvío tiña pouca capacidade de encoro, tal e como aínda se pode ver hoxe cando está destinada  a surtir de auga á vila de Sárria dende a estación elevadora que ali funciona., Emporiso o rairo  era máis que siuficiente para levar un bon cabdal. As circunstancias políiticas  fixeron que morrera  a uns trescentos metros da súa orixe.

Foi entre 1965 e 1969 cando se falou dunha ordeación territorial na maioría das parroquias de Sárria  con un desexo masivo de facer a Concentración Parcelaria  e a cosnrrución dunha grande presa no río Sárria ( barallabn facela na Foz das Aceas ou entre Sivil e Reiriz ) e poñer rairos e acuedutos  ata a veiga de Vilapedre , Ata houbo unha visita do ministro de Agriculrura, Díaz Ambrona,  e manexaron cifras de inversión incríbles onde había décadas que o Estado non puxera unha peseta  , e nada do prometido se fixo reañliade  e  despois de moitas dificultades das 49 parroquia rurais só 5 verían a realidade da súa modernización coa concentración de parcelas.

No século XIX, agás a formación dunha comunidade de regantes dos prados do Peago e Ribela, non se volveu  a falar do proxecto do regadío do val sarriao, Ata ben entrado o século XX non volveu a falarse  do vello prixecto, agora xa da man da Confederación Hidráulica do Nortre de España.

Non sei se aos visitantes da Foz das Aceas lles falan  dos perto de 200 anos pasados  dende o primeiro  intento, pois hai veces  que a elocuencia ds cifras  se convirte nunha simple caricatura.

Cecais terán que pasar outros  tantos anos  para que os sequeiros da veiga de Sárris coñezan a vivificante forza das augas de rega. Chegado ese momento haberá que mirar cara aqueles inxenuos liberais decimonónicos  que introdiciron  as primeiras notas de modernidde  no minguado vivir  do seu tempo. A eles,, cando mens, haberá  que lles recoñecer o ter prendido nos seus coetáneos a ilusión  dun val máis rico e vizoso, ilusión que é de supoñer, as xerazóns presentes non teñamos que deixar en herdo aos que nos sigan.

Do desexo á realidade é preciso  percorrer un bon treito. E neste caso  o noso antollo é  que xa se ten agardado dabondo

                                                         XAIME FÉLIX LÓPEZ ARIAS

Comentarios

Publicacións populares