CELTIGOS ( 1900)
CÉLTIGOS
( LA IDEA MODERNA, Lugo, 20.08.1900)
Nada máis esquecido pola prensa que as salutíferas augas deste fermoso e pintoreco pobo da nosa provincia.Silenzo incomprensible, por certo, tratádose dun manantío abondosísimo e inagotable, cuxas virtudes medicinais colócana, segundo a autorizada opinión de insines médicos e químicos galegos , o primeiro entre os moi illosas as curas feitas dende antigo coa aplicación das ditas augas, principalmente nas enfermedades cutáneas, que a súa sona esapallouse aos máis remotos pobos da península.
Hai trinta anos que eran moi contadas as persoas que aos baños de Céltigos acodían , pero a marabillosa eficacia das súas augas fixo mías do que podera facer unha activa e constante propaganda periodista , contándose hoxe por milleiros os que na época do verán van aos ditos baños co convencemento de achar para os seus males o remedio que non puideron obter en ninguha outra parte a pesares da sona das súas augas.
Segundo unha carta que á vista temos , hoxe son perto de 3.000 persoas que hai en Céltigos en demanda da saúde perdida; e non é de admirar o sexan porque, a medida que trascorre o tempo máis se coñecen as virtudes medicinais das súas augas sulfurosas en frío, sen rival entre as que teñen analoxía con elas.
E se a isto enadimos a boa situación do pobo de Céltigos , entre A Pobra de S.an Xiao e a vila de Sárria , a frondosidade dos seus fermosos e amplos soutos , bañados polas cristaíñas augas dun cabdaloso río, e a benigna temperatura que alí se disfruta durante o estío, coverten o ameno val en delicioso lugar de grato esparcemento, doadamente comprende que cada vez sexa maior a afluencia de forasteiros.
Se fose posible facer unha estadística das milagrosas curas verificadas polas augas de Céltigos , causaría de seguro verdadeiro asombro e podería dicirse, sen caer en esaxeracións , que nin un só enfermo deixou de achar en breve tempo a curación radical das súas afecciós cutáneas,
Todos aqueles que coñecen as ditas augas non atariñan dicir que, se a man do home cooperase en anchear os encantos e dons da natureza no delicioso val de Céltigos , este sería punto obrigado de extraordinaria concorrenza e obxecto de produtivo negocio para o que con decisión emprendera as obras que ali son necesarias para a comodidade dos bañistas.
Por fortuna, o paso primeiro e principal foi dado polo propietario de tan celebradas augas , D. MANUEL VIVERO DE VAL, veciño hoxe de Madrid, e domiciliado en calle de la Luna ,núms 21 e 23, quen ten tramitados con arranxo á lei , o expediente de utilidade pública con informes técnicos , nos que consta a análise cualitativa e cuantitativa , e polo emitido pola comisión provincial, todos altamente favorables e nun todo conformes cos marabillosos resultados das augas mencionados. O dito expediente obra xa na direción xeral de Beneficencia e Sanidade no Ministerio da Gobernación , sendo de agardar que en brevísimo prazo sexa resolvido.
Conseguido isto , é necesario que sen dilación ningunha e dando de man á apatía galega , impropia de emprendedores , se faga en Céltigos o que falla, para un porvir brillante e unha fama supeior á doutros pobos cuxos nomes se publican a diario nas columnas da prensa española, un amplo balneario no que non estean amontoados os pacentes e un espazoso e hixiénico hotel onde poidan ter as comodidades necesarias todos os concorrentes das diversas clases sociais.
Xa non cabe dubidar da empresa porque se trata dun excelente negocio, como pouco, cuxo rendemento, deducidos os gastos, poden ascender a máis de quince mil duros anuais , sen contar con maior concorrenza que a actual.
E que esta sería maior a medida que aumentasen as comodidades , non é posible dubidalo, porque a iso contribuirá forzosamnte a facilidade de comunicación, pois o propietario das augas , non contento coa instrución do expediente, solicitou tamén un apeadeiro no mesmo pobo de Céltigos; polo que lle tributamos os máis sinceros plácemes.
Se perxuizo de volver a tratar este asunto con máis detemento rematamos estas liñas , rogando co maior encarecemento ao Sr, Director de Beneficencia e Sanidade ultime o dito expediente canto antes , en beneficio dos millóns de pacentes que a Céltigos acoden para curar as súas doenzas coas augas de tan marabillosa eficiencia.
( X )
Comentarios
Publicar un comentario