MISAS DE FUNDACIÓN DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA ( 1760 )
TÁBOA DE MISAS QUE ESTÁ NO ARQUIVO ( 1750 )
01.- ROI GONZALEZ e ÁLVARO GONZÁLEZ DE RIBA DE NEIRA, corenta e catro misas rezadas en días de luns cada un ano e corenta e tres responsos rezados nos ditos días coa obriga de conservar a Capela de San Lourenzo ( 44 ),
02.-GÓMEZ PÉREZ, sete misas rezadas e unha cantada despois de Todos Santos, Máis cincuenta e dúas misas cantadas e trece responsos cantados en mércores , xoves e sábados coa obriga de conservar a Capela de San Bartolomeu ( 7 )
03- SEÑOR CONDE DE TRASTAMARA E DE LEMOS, DON PEDRO, duascentas corenta e dúas misas rezadas despois da prima ( 242)
04.- SEÑOR CONDE DE LEMOS. DON RODRIGO , cincuenta e dúas misas misas cantadas cos seus responsos todos os sábados,á Nosa Señora ( 52 )
05.- SEÑORA CONDESA DE LEMOS, DONA BEATRIZ OSORIO, dazaseis misas rezadas con tres responsos cada unha en dazaseis martes do ano, polo Duque de Arxona ( 16 )
06.-...........
07- DONA FABIANA GUITIÁN DE RIBA DE NEIRA , unha misa cantada co seu Aniversario na Infraoitava de Defuntos con túmulo, clamor de campás , e responso, máis dazaseis misas rezadas,oito en festividades da Nosa Señora e oito na Infraoitava de Todos Santos ( 1 ) ( 16 )
08.- DON PEDRO SAAVEDRA , tomou o Padroado de San Xosé, e por e polos seus hai que aplicar unha misa cantada con sermón o Día do Santo, na dita Capela, e cinco misas rezadas en cada un ano ( 1 ) ( 5 )
09.- XOÁN CASTAÑO, dúas misas rezadas en cada un ano ( 2 )
10.- CATARINA QUIROGA, unha misa rezada con responso Día de Resurreción ( 1 )
11.-MÓNICA DE ARBIETO , unha misa rezada con responso no altar da Nosa Señora, Día da Anunciación ( 1)
12.- DON ANTONIO LOSADA, unha misa cantada con vixilia, responso e campás, Día de Defuntos, e oito rezadas na Infraoitava ( 1 ) ( 8 )
13.- VASCO DE PÁRAMO , unha misa rezada en cada un ano ( 1 )
14.- PEDRO RODRÍGUEZ, unha misa rezada ( 1 )
15.- DON GASPAR DE QUIROGA e DONA MARÍA PALLARES , unha misa cantada con minstros e responso no altar maior Día da Expectación da Nosa Señora,. Máis doce misas de Alba cos seus responsos en doce domingos , en cada mes do ano unha ( 1 ) ( 12 )
16.- ALONSO MOURÍN, unha misa rezada ( 1 )
17.- ALONSO GALLINA e MAIOR FERNÁNDEZ , dúas misas rezadas cos seus responsos (2 )
18.- LEONOR ÁLVAREZ , unha misa cantada, Día da Anunciación ( 1 )
19.- ANTONIO LÓPEZ DA PONTE RIBEIRA , unha misa rezada ( 1 )
20.- IÑIGO LÓPEZ DE OROZCO , unha misa cantada con responso Día da Cruz no altar do Santísimo Cristo. Maís tres misas rezadas con responsos días de San Sebatián, Santa Lucía e Nosa Señora de Agosto no mesmo altar . Máis un responso cantado en cada primeiro domingo do mes na dita Capela ( 1 ) ( 3 )
21.- DON GREGORIO DÍAZ , dez misas rezadas, días de San Gregorio Magno, San Xosé , San Xoán Bautista, San Pedro, Asunción da Nosa Señora, Natividade da Nosa Señora, San Francisco de Asís, Santo André Apóstoloe outra na Infraoitava de Defuntos ( 10 )
22.- DONA INÉS e DONA FRANCISCA DE RIBA DE NEIRA , dúas misas cantadas cos seus responsos na Infraoitava da Asunción , unha das de resíduos por non haber outros residuos de cantadas ( 2 )
23.- XOÁN CONDE , dúas misas rezadas cos seus responsos riba da súa sepultura , Día da Concepción ( 2 )
25- MAIOR FERNÁNDEZ , unha misa rezada con responso Día de San Bartolomeu ( 1 )
26- SABELA RODRÍGUEZ DE OROZCO , unha misa rezada Día da Madalena ( 1 )
27.- DONA MARIANA DE RIBA DE NEIRA , unha misa cantada con responso Día da Nosa Señora e outra rezada con responso no mesmo altar e no mesmo día ( 1 ) ( 1 )
28.- CLARA DÍAZ DE GUITIÁN, unha misa cantada , Día da Presentación da Nosa Señora, e dúas rezadas , Día da Cruz de Maio e de Santo André ( 1 ) (1 )-
29.- DONA TAREIXA DE RIBADENEIRA , unha misa cantada , Día da Presentación da Nosa Señora, e dúas rezadas, Día da Cruz de Maio e de Santo André ( 1 ) ( 1 )
30.- VASCO BALBOA , unha misa cantada Día da Natividade da Nosa Señora ( 1 )
31.- DOMINGOS LÓPEZ , unha misa rezada con responso Día do Anxo ( 1 )
32- BERNARDO FERNÁNDEZ , unha misa rezada Día de Anxo ( 1 )
33.- XOÁN RODRÍGUEZ, unha misa rezada ( 1 )
34.- PEDRO SÁNCHEZ DE NOCEDA, unha misa reezada con responso ( 1 )
35.- GONZALO CATÓN, dúas misas rezadas con responsos ( 1 )
36.- XOÁN REIRIZ, dez misas rezadas en cada un ano I 10)
37.- BARTOLOMEU DE VILAR, unha misa rezada día primeiro de Agosto e un responso cantado o mesmo día e doce responsos rezados entre ano ( 1 )
38.- DON FRANCISCO ARES , seis misas rezadas, unha delas Día de San Xoán ( 1 )
39.- ÁLVARO DE AGUIAR , unha misa rezada Día da Cruz ( 1 )
40.- ARES PÉREZ, catro misas rezadas en cada un ano ( 4 )
41.- LEONOR DA PENA, seis misas rezadas na Infraoitava de Defuntos ( 6 )
42.- MARIÑA DE LAGO, catro misas rezadas , días Día de San Xoán . Todos Santos, Madalena e Asunción ( 4 )
43.- PEDRO ARES, unha misa cantada Día da Madalena ( 1 )
44.- MARÍA ALFONSO, unha misa rezada ( 1 ),
45.- ALDARA LÓPEZ , unha misa rezada Día de San Bartolomeu ( 1 )
46.- MARTIÑO DE ROMELLE, unha misa rezada con responso en cada un ano ( 1 )
47.- MARÍA VÁZQUEZ , tres misas rezadas na Oitava de Defuntos ( 3 )
48.- INÉS RODRÍGUEZ, unha misa rezada en cada un ano ( 1 )
49.- PEDRO FERNÁNDEZ, unha misa rezada na Cuaresma en San Xulián da Veiga, se non vai un relixioso a dicila , hai que lle dar ao cura media fanega de centeo en Lezoce porque a diga ( 1 )
50.- FRANCISCO COVARRUBIAS, trinta e oito misas rezadas, cos seus responsos en trinta e oito semanas do ano ( 38 )
51.- ANA RODRÍGUEZ , dúas misas rezadas con responsos cada ano ( 2 )
52.- DONA SABELA DE VILAVELLA , catro misas cantadas con responsos días da Nosa Señora da Asunción, Anunciación , Presentación e Purificación ( 4 )
53.- VASCO DE CUÉLLAR, unha misa cantada en cada un ano ( 1 )
54.- MAIOR GONZÁLEZ, dúas misas rezadas ( 2 )
55.- PEDRO PÉREZ, seis misas rezadas ( 6 )
56.- GÓMEZ ARES, unha misa cantada de Requiem ao outro día da Madalena, con responso ( 1)
57.- MARÍA ALFONSO DE RIBAS ALTAS, unha misa rezada Día de San Miguel e se pode sewr na igrexa de Baamorto con responso ( 1 )
58.- GONZALO PÉREZ, cura, seius misas co seu responso, Día da Visitación da Nosa Señora, Concepción, Cruz de Maio, San Bartolomeu, San Lourenzo e Oitava de Todos Santos ( 6 )
59.- MARÍA GONZÁLEZ, unha misa rezada en cada un ano ( 1 )
60- LOPE DE PINO, dez misas rezadas cada un ano ( 10 )
61.- DON PEDRO TEIXEIRO, unha misa cantada Día das Dores no altar da Nosa Señora e trinta rezadas ( 1 ) ( 30 )
62.- ALDONZA FERNÁNDEZ, unha misa rezada en cada un ano ( 1 )
63.- XOÁN LÓPEZ DE LOUSEIRO , doce misas rezadas en cada un ano ( 12 )
64.- FERNANDO DE VILACHÁ , unha misa rezada en cada un ano ( 1 )
65.- MAIOR DA PRAZA e ALFONSO MARTÍNEZ, o seu marido, unha misa rezada Día de San Miguel, en San Miguel de Lapío e axudar ali a cantar outra o relixioso , que a diga ,m-ais unha cantada no Convento con Aniversario Día da Anunciación e dúas rezadas. Vixilia. ( 1 ) ( 3 ),
66.- ANTONIO PASANTES , unha misa cantada Día da Nosa Señora da Asunción ou na súa Oitava e dúas rezadas Día do NP Santo Agostiño ( 1 ) ( 2 )
67- DON ANTONIO PRADO , cncuenta e sete misas rezadas en cada un ano ( 57 )
68.- CATARINA FERNÁNDEZ , unha misa cantada co seu responso en cada ujn ano ( 1 )
69.- MEN LÓPEZ, catro misas rezadas Día de Santa Catarina, no seu altar ( 4 )
70.- ...................................
71.- ALONSO LÓPEZ SAAVEDRA, unha misa cantada Día da Anunciación e dúas rezadas en cada un ano ( 1 ) ( 2 )
72.- DONA ANA BALBOA, unha misa cantada con responsona Infraoitava de Corpus ( 1 )
73.- LÁZARO FERNÁNDEZ , unha misa rezada en cada un ano ( 1 )
74.- GREGORIO FERNÁNDEZ DE MOURE , unha misa rezada ( 1 )
75.- ANTONIO FERNÁNDEZ DE SÁRRIA, dúas misas rezadas ( 2 )
76.- XOÁN DO OUTEIRO, dúas misas rezadas en cada un ano ( 2 )
77.- DIEGO DÍAZ DE GUITIÁN, unha misa rezada con responso ( 1 )
,,,,,,,,,,,,,,,
87.- ALONSO DA VEIGA, unha misa rezada en cada un ano ( 1 )
88.-.......................
89.- ALONSO LÓPEZ DE LEMOS, responsos cantados todos os Domiungos e festas do ano, no alatr do Cristo, con campás.
Facenda de Navia
Aplica o Convento dúas misas cantadas e tres rezadas pola facenda de Navia que trocou o convento quedando coa carga de algunhas misas , cuxo número é imposible de averiguar por falla de instrumentos , importan dita facenda trescentos corenta e sete reais a décima parte que son trinta e cinco reais , aplícanos en dúas misas cantadas e tres rezadas e en caso dubidoso van a maior satisfación de cargas ( 2 ) ( 3 )
Resíduos
Aplica o Convento oito misas rezadas por vinte reais e un maravedí que resultan de resíduos.
De sorte que resultan seiscentas e vinte e nove misas ( 629 ) , que repartidas en cincuenta e dúas semanas tocan a doce misas rezadas cada semana e restan cinco a apñlicar na fin do ano. Resultan tamén cento trinta e dúas misas cantadas ( 32 ) que debe aplicar o Convento que repartidas en cinceunta e dúas semanas toca a dúas cada semana e sobran vinte o oito da que aplicadas cda mes dúas , fan vinte e catro, rerstan catro a aplicar á fin do ano.
Resultan tamén noventa e tres responsos cantados que debe aplicar cada ano a Comunidade ademías dos responsos dos domingos e festivos na Capela do Santísimo Cristo polos Señores do Castelo ( dos Infantes )
Resultan responsos rezados dos ditos cargos , cento setenta e nove que debe aplicar a Comunidade cada ano agás erro-
A razón da renda que cobra das memorias queda no Arquivo. Como tamén a razón das misas perdidas. De misas que aplican sen renda , De misas que aplican sen instrumento, Véxase alí.
Frei Xoán Pumares
Comentarios
Publicar un comentario