O CONCELLO DE SÁRRIA DE 1936
O Alcalde de Sárria emitiu unha certificación referido ao Concello do período 15 de narzo a 21 de xullo de 1936
Relación certificada de todos os individuos que foron xestores neste Concello, durante o tempo que detentou o poder a FRONTE POPULAR , con expresión do cargo que exerceron cada un e as respectivas circunstancias persoais.
Alcalde.Presidente,. Antonio Páramo Sáchez, de 28 anos, solteiro, Avogado e domicilado en Sárria, Actualmente en ignorado paradeiro.
1º Tenente de Alcalde ; Valentín López López, de 40 anos, casado, labrego e domiciliado en Vilar de Sárria
2º Tenente de Alcalde: Manuel Durán Fernández, de 39 anos, carameleiro, domicilado en id. id.
3º Tenente de Alcalde : Francisco López Melle, de 41 anos, solteiro,labrego, domicilado en Requeixo
4º.Tenente de Alcalde: Manuel Díaz Vázquez, de 40 anos, casado, industrial, domiciliado en Sárria
Rexidor-Síndico: Dositeo Piñeiro Valcárcel, de 50 anos, casado, propietario, domiciliado en Sárria. Suponse actualmente en La Habana.
Xestores :
Pedro García Arcas, de 34 anos, casado , empregado e domiciliado en Sárria, Faleceu en 1936.
Abelardo Páramo Losada, de 54 anos, casado, gandeiro e domiciliado en Sárria.
Xermán Méndez López, de 41 anos, casado, labrego e domiciliado en Ferreiros.
Casiano Quintana López, de 35 anos, casado, labrego e domiciliado en Louseiro
Xoán Chousa Valiña, de 46 anos, solteiro, labrego e domiciliado en Barbadelo
Xosé Fernández Capón, de 66 anos, ignórase o estado, labrego e domiciliado en San Miguel de Vilapedre
Xosé López Franco, de 39 anos, casado, labrego e domiciliado en Goián.
Remixio López Villar, de 32 anos, casado, labrego e domiciliado en San Salvador do Mato
Xosé López González, de 46 anos, casado, canteiro e domiciliado en Farbán, Sofre actualmente condena no Cárcere de Lugo.
Xestores interinos:
Roxelio Tarí Uribe, de 26 anos, casado, mecánico dentista e domiciliado en Sárria. Faleceu.
Francisco Alvaredo Rodríguez, de 32 anos, solteiro, labrego, e domiciliado en Arxemil. Sofre actualmente condea no Cárcere de Lugo.
Xosé Ramón Castro López, de 56 anos, casado, labrego e domiciliado en Reimóndez. Xestor da anterior Corporación , que seguiu como tal.
Posesionados todos os relacionados , agás o último, o 15 de marzo de 1936, tendo actuado até o 21 de Xullo do mesmo ano, no que cesaron ao comezar o Glorioso Movemento Nacional,
Sárria, 25 de marzo de 1941
Vº e Prace: O Alcalde O Segredario
Ilexible Ilexible
NOTAS
Antonio. Páramo Sánchez abandou a Casa do Concello á medianoite do día 20 de xullo de 1936 ao recibir comuicación telefónica desde o Cuartel da Garda Civil de Sárria, indicando que en aplicación da declaración do estado de guerra os gardas pasarían a ocupar o Consistorio, Retírase con algúns concellerios e partidarios seus á súa casa do Barrio de San Lázaro, onde algún dos gardas muicipais fai intento de detelo mediante engano.
Acaba saíndo pola parte traseira e refuxiase cos seguidores seus en Vilamaior , pasando despois a Castro de Rei. O día 29 tropas do Exército e falanxistas entran en Mosteiro Vello, dando así por rematada a resitenza ali feita durante nove días. Os falanxistas puxeron prezo á súa captura e peitearon a paroquia de Castro de Rei, queimando montes e searas , sen resultado.
Como fuxido pasa á clandestinidade permanecendo agochado en varios lugares de Paradela e o Saviñao, ata que se reincorporou á vida civil, resultando sobreseídas as actuaciós seguidas pola xustiza militar. Exerceu como avogado en Lugo, e morreu novo.
Dositeo Piñeiro Valcárcel conseguiu fuxir para Cuba, establcédose en La Haban, onde xa vivira anos antes.
Pedro García Arcas morreu asasiñado como consecuena das feridas recibidas de mans de Manuel Carrozas Varela na sociedade La Unión , que tamén causou a morte do industral Victorino Cabarcos.Os enterros das dúas vitimas foron multitudinarios, deron luar á declaración de folga xeral en Sárria e ao aprazamento da votación polo Estatuto Galego que se tería que haber celebrado o día 28 de xuño.
Roxelio Tarí Uribe andivo fuxido, e fixo presentación amparado na promesa de que ao non haber actuacións contra el quedaría en liberdade. Fixeron un traslado en auto en direción a Lugo, e ao chegar á Ponte da Silva, en Santa Comba, aplicáronlle a "lei de fugas ", sendo enterrado o seu corpo nesa parroquia lucense.
Pouco tempo despois da emisión do informe, o Tribunal de Responsabilidades Politicas, deu comezo a actuacións para impoñerlles a todos eles sancións económicas ( e mesmo aos dous xa falecidos vítimas da intolerancia ).
Varios deles no tempo da guerra permaneceron fuxidos e con posterioridade ao 1 de abril de 1939 foron facendo a súa presentación diante das autoridades, sufrindo prisión por algún tempo.
Comentarios
Publicar un comentario