AS PRIMEIRAS ESTRADAS DE SÁRRIA ( 1845 )
A ESTRADA DE MONFORTE A VIVEIRO
OBRAS DO PRIMEIRO TREITO
Para artellar as comunicacións na provincia de Lugo comezou a ser realidade a proxectada estrada chamada a unir Monforte de Lemos co a cidade e porto de Viveiro, empezaron en 1845 as obras preliminares do treito de Lugo a Monforte,
A estrada pasaría por Sárria, Lugo e Vilalba , e tería un ramal a Ferrol pasada a capital chairega, para rematar na cidade do Landro.
As obras foran aprobadas pola Direción Xeral de Camiños que presentou os planos do camiño entre Nadela e San Fiz de Paradela , e sairon a subhasta o 6 de abril de 1845.
Empezaron os traballos en Paradela , con inclusión da obra da Ponte da Silva riba do río Chamoso , en dieción a Nadela coas dimensións de 24 pés de largura, 4 pés de firme e 6 pés para os paseos máis as gavias, podendo darlle ensanches nos montes comunais.
Eran os primeiros pasos para facer un camiño novo que viría a sustituir o secular vieiro , estreito e pouco acondicionado saía de Sárria pola Ponte do Mazadoiro e pola Venda da Coveluda e Arxemil se xuntaba en Goián co "camiño francés de Lugo a Monforte". Desde o Hospital de Goián, por Courel de Saa do Pàramo, o camiño alcanzaba a Ponte Neira, e por Cela, Quinte e Pena chegaba á cidade de Lugo.
O novo camiño , desbotada a primeira denominación de Camiño de Primeira Orde de Monforte a Viveiro, pasou a ser coñecidoa sucesivamente como Estrada de Valdeorras, Estrada de Quiroga e Estrada de Nadela a Campos de Vila,
( LA AURORA DEL MIÑO, Lugo 6.06.1877)
Estado no que se encontraban as estradas proxectadas e as xa executadas na comarca de Sárria:
2º.- Estradas provinciais.- DE LUGO A QUIROGA, con ramal a Monforte dende Bóveda,. Esta estrada artellará ás comarcas produtivas do viño, como o Val de Lemos, o de Quiroga e Valdeorras .
Son poucas as obras que restan para rematar completamente esta liña ata Monforte, e desde Bóveda, onde se bifurca, só fallan cinco légoas.
Estradas locais
5º.- De Sárria a empalmar na provincial de Ribadeo no Val de Neira de Rei.
6º.- De Quiroga a Valdeorras, ata a estrema da provincia
Comentarios
Publicar un comentario